Saltar ao contido

Miqui Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiqui Otero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria, xornalismo e literatura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , xornalista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de maio de 2023Manifiesto por una Barcelona que abre camino (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Twitter: MiquiOtero Editar o valor em Wikidata


Miqui Otero, nado en Barcelona en 1980, é novelista en lingua castelá, xornalista e profesor universitario español.

Pasaba os veráns en Galicia porque seu pai era de Foz, súa nai de Alfoz e os seus tíos de Mondoñedo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou xestionando proxectos como a discográfica Doble Vida Discos e algúns fanzines ou cinefórums locais. O ano 2010 publicou a súa primeira novela Hilo musical (Alpha Decay), gañadora o premio Novo Talento Fnac. Dous anos máis tarde, publicou La cápsula do tempo (Blackie Books, 2012), escollido libro do ano por Rockdelux, que na súa terceira edición leva vendidos máis de 10.000 exemplares. Despois, Rayos (Blackie Books, 2016) é a súa novela máis íntima pero á vez a máis ambiciosa; considerada polos críticos "unha das grandes novelas da cidade de Barcelona". Tamén participou en antoloxías de novos narradores como Última temporada (Lengua de Trapo, 2013) e en libros colectivos de ensaio como Una risa nueva (Nausicaa, 2010) e CT o la Cultura de la Transición (Debolsillo, 2012), entre outros.[2]

Actualmente colabora como articulista en El País, no Cultura/s de La Vanguardia e El Periódico de Catalunya.[3] Anteriormente colaborou con El Confidencial. Participa en diversos faladoiros radiofónicos e dá clases sobre literatura e xornalismo creativo na Universidade Autónoma de Barcelona.

Codirixe, xunto con Kiko Amat, o festival Primeira Persoa do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona.[4]

Coa súa novela Simón, editada por Actes Sud, foi seleccionado para o Premio Literario dos Mozos Europeos na edición 2024.

En abril de 2024 publica Orquesta na editorial Alfaguara.[5] Novela que presentou en varias localidades galegas porque "A música cálida das festas galegas, que ten que ver coa diáspora, fai que as noites sexan menos frías".[6]

Obras[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Una risa nueva (2010). Nausicaa.
  • CT o la Cultura de la Transición (2012). Debolsillo.
  • Última temporada (Lengua de Trapo, 2013)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Ojo Crítico de RNE de Narrativa (2020).[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Miqui Otero: «Tengo mono de Galicia»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-01-29. Consultado o 2024-06-20. 
  2. "Miqui Otero". Consultado o 6 de maio de 2018. 
  3. Otero, Miqui. "Miqui Otero" (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2018. 
  4. "Entrevista a Miqui Otero, periodista i escriptor". Crític (en catalán). Consultado o 6 de maio de 2018. 
  5. PenguinLibros. "Orquesta | Penguin Libros" (en castelán). Consultado o 2024-04-10. 
  6. "Miqui Otero: «La música caliente de las verbenas gallegas, que tiene que ver con la diáspora, hace que las noches sean menos frías»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-05-05. Consultado o 2024-06-20. 
  7. "Miqui Otero gana el Premio 'El Ojo Crítico' de Narrativa". www.elperiodico.com (en castelán). 2020-11-24. Consultado o 2024-06-20.