Minquartia guianensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Minquartia»)

Minquartia guianensis
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Santalales
Familia: Olacaceae
Xénero: Minquartia
Aubl.
Especie: ''Minquartia guianensis''

Minquartia guianensis é a única especie do xénero monotípico Minquartia pertencente á familia das olacáceas. É orixinaria de América.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Son árbores que acadan un tamaño de até 20 m de alto, con látex branco, poliñas glabras. Follas elípticas a oblongas, de 10–25 cm de longo e 4–7 (–10) cm de ancho, ápice acuminado, base obtusa a redondeada, glabras, envés debuxado con pequenos puntos negros resinosos, nervios terciarios paralelos e conectando os nervios laterais a maneira de banzos; pecíolo (1–) 1.5–3 (–4) cm de longo, asucado na superficie adaxial. Froito drupáceo, elipsoide, 2–3 cm de longo, endocarpo tuberculado; semente 1.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É unha especie rara que se atopa nos bosques húmidos, da zona atlántica; a unha altitude de 10–20 metros; dende Nicaragua até Suramérica tropical.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Minquartia guianensis foi descrita por Jean Baptiste Christophore Fusée Aublet e publicado en Histoire des Plantes de la Guiane Françoise 2(Suppl.): 4–6, t. 370. 1775.[3]

Sinonimia
  • Eganthus poeppigii Tiegh.
  • Endusa punctata Radlk.
  • Minquartia macrophylla Ducke
  • Minquartia parvifolia A.C. Sm.
  • Minquartia punctata (Radlk.) Sleumer
  • Secretania loranthacea Müll. Arg.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]