Milagre de Empel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Milagre de Empel
Parte de Guerra dos Oitenta Anos
El milagro de Empel.jpg
El milagro de Empel, por Augusto Ferrer-Dalmau (2015).
Data Entre los días 6, 7 y 8 de decembro de 1585
Lugar Empel, Holanda, xunto río Mosa
Resultado Vitoria española
Belixerantes
Prinsenvlag.svg Provincias Unidas Flag of Cross of Burgundy.svg Imperio Español
Líderes
Prinsenvlag.svg Filips van Hohenlohe-Neuenstein Flag of Cross of Burgundy.svg Juan del Águila
Flag of Cross of Burgundy.svg Francisco de Bobadilla
Forzas en combate
10 navíos 5.000 homes
Baixas
Todos os navíos capturados e queimados Poucas ou ningunha

O Milagre de Empel ou a Batalla de Empel foi un suceso acaecido os días 7 e 8 de decembro de 1585 durante a Guerra dos Oitenta Anos, na que se enfrontaron un Terzo do exército español, comandado polo mestre de campo Francisco Arias de Bobadilla, a unha frota de dez navíos dos rebeldes dos Estados Xerais dos Países Baixos, baixo mando do almirante Filips van Hohenlohe-Neuenstein, a raíz do cal a Inmaculada Concepción foi proclamada patroa dos Terzos españois, actual Infantaría española.

O milagre[editar | editar a fonte]

De acordo coas crónicas, o 7 de decembro de 1585, o Terzo do Mestre de Campo Francisco Arias de Bobadilla, composta por un cinco mil homes, combatía na illa de Bommel, situada entre os ríos Mosa e Waal, bloqueada por completo pola escuadra do almirante Filips van Hohenlohe-Neuenstein. A situación era desesperada para os Terzos españois, pois, ademais do estreitamento do cerco, había que sumarlle a escaseza de víveres e roupas secas.

O xefe inimigo propuxo entón unha rendición honrosa pero a resposta española foi clara: «Os infantes españois prefiren a morte á deshonra. Xa falaremos de capitulación despois de mortos». Ante tal resposta, Hohenlohe-Neuenstein recorreu a un método farto utilizado nese conflito: abrir os diques dos ríos para alagar o campamento inimigo. Pronto non quedou máis terra firme que o outeiro de Empel, onde se refuxiaron os soldados do Terzo.

Nese crítico momento un soldado do Terzo cavando unha trincheira tropezou cun obxecto de madeira alí enterrado. Era unha táboa flamenga coa imaxe da Inmaculada Concepción.

Anunciado o achado, colocaron a imaxe nun improvisado altar e o Mestre Bobadilla, considerando o feito como sinal da protección divina, instou aos seus soldados a loitar encomendándose á Virxe Inmaculada:

Este tesouro tan rico que descubriron baixo da terra foi un divino nuncio do ben, que por intercesión da Virxe María, esperaban no seu bendito día.[1]

Esa noite, desatouse un vento nada usual e intensamente frío que xeou as augas do río Mosa Os españois, marchando sobre o xeo, atacaron por sorpresa á escuadra inimiga ao amencer do día 8 de decembro e obtiveron unha vitoria tan completa que o almirante Hohenlohe-Neuenstein chegou a dicir: «Tal parece que Deus é español ao obrar, para min, tan grande milagre».

Gravado da Batalla de Empel, por Frans Hogenberg.

Aquel mesmo día, entre aclamacións e aclamacións, a Inmaculada Concepción é proclamada patroa dos Terzos de Flandres e Italia.

Porén, este padroado consolidaríase trescentos anos despois, logo de que a bula Ineffabilis Deus do 8 de decembro de 1854 proclamase como dogma de fe católica a Concepción Inmaculada da Virxe Santísima. O 12 de novembro de 1892, a solicitude da Inspector da arma de Infantaría do Exército de Terra de España, por real orde da Raíña Rexente dona María Cristina de Habsburgo, se:

Declara Patroa do Arma de Infantería a Nosa Señora a Purísima e Inmaculada Concepción.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alonso Vázquez, «Los sucesos de Flandes y Francia del tiempo de Alejandro Farnesio».
  2. Memorial de Infantería Nº 7 de la Revista del Arma de Infantería. Editorial Ministerio de Defensa de España. Toledo. 1987.[Ligazón morta] Páxina oficial do Ministerio de Defensa de España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]