Mikkel Hansen
Mikkel Hansen | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1987 |
Helsingor | |
Nacionalidade | Dinamarca |
Ocupación | balonmanista |
Premios | Melhor jogador de handebol do mundo pela IHF, Melhor jogador de handebol do mundo pela IHF e Melhor jogador de handebol do mundo pela IHF |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mikkel Hansen, nado en Elsinor o 22 de outubro de 1987, é un xogador de balonmán dinamarqués que xoga de lateral esquerdo no Paris Saint-Germain Handball.
En 2012, foi proclamado como IHF xogador do ano 2011, ao recibir o 35% dos votos, por diante de Nikola Karabatic. Posteriormente, o 21 de agosto de 2012, o xogador danés é contratado polo Paris Saint-Germain para ser un dos participantes no proxecto multimillonario parisiense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Hansen iniciouse na elite do balonmán no GOG Svendborg, no que estivo ata o final de tempada 2007-2008, cando fichou polo FC Barcelona.Na súa primeira temporada arrasou: marcou 45 goles no Campionato de Europa e gañou a Copa de Rey e a Copa de España. Mais a temporada seguinte baixou moito o seu rendemento, polo que volveu a Dinamarca fichado polo AG Kopenhagen. Mais unha temporada máis tarde, despois de volver amosar un moi bo rendemento é fichado polo PSG de Francia, onde xoga actualmente.