Miguel de Miguel
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de abril de 1975 Nerja |
| Altura | 191 cm |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, actor de teatro, actor de televisión, actor de cinema |
| Período de actividade | 2002 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Eva Pedraza (2011–) |
Miguel de Miguel Carrasco coñecido como Miguel de Miguel, nado en Nerja o 17 de abril de 1975, é un actor español. Cursou estudos de Interpretación e é profesor de piano polo Conservatorio Superior de Música de Málaga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou en numerosas series de televisión, sendo protagonista de Arrayán e Yo soy Bea, nesta última xunto a Patricia Montero. Outras nas que participou son Hospital Central, Al salir de clase, Un paso adelante, Los Serrano, Paco y Veva, Familia, La sopa boba, Obsesión e A tortas con la vida. En 2011 salta ao panorama internacional coa serie La reina del sur producida por Telemundo.
En cine actuou nas longametraxes San Vicente e ¡Ay amor, cómo dueles! e na curtametraxe Aparición divina. Tamén interveu en montaxes teatrais como Las troyanas, Carroza de plomo candente, Romeo y Julieta e La tercera palabra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Personaxes fixos
[editar | editar a fonte]- Familia (2013-). Telecinco. Como Pedro.
- Bazurto (2012). Caracol TV. Protagonista.
- Homicidios (2011). Telecinco. Como Carlos García-Aranda.
- La reina del Sur (2011). Antena 3/Telemundo. Como Teo Aljarafe.
- Yo soy Bea (2008-2009). Telecinco. Como César Villa.
- Arrayán (2005-2008). Canal Sur. Como Yeray.
- Desafío bajo cero (2006) Telecinco. Como concursante.
- ¿Cantas o qué? (2006) Antena 3. Como concursante.
- Mira quién baila sobre hielo (2005-2006) La 1. Como concursante.
- Obsesión (2005) La 1. Como Javier González Salmerón.
- La sopa boba (2004) Antena 3. Como Raúl.
Personaxes episódicos
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]- Longametraxes
- San Vicente
- ¡Ay amor, cómo dueles!
- Curtametraxes