Miguel Vila Pernas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Vila Pernas
Miguel Vila Pernas.jpg
Nacemento1958
 A Habana
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista, escritor e gastrónomo
editar datos en Wikidata ]

Miguel Vila Pernas, nado na Habana en 1958[1], é un xornalista galego de temas gastronómicos en prensa e radio, ademais de cociñeiro.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de galegos emigrantes do Valadouro, reside en Galiza desde 1961. Fixo o Bacharelato no IES San Rosendo de Mondoñedo e estudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Nos últimos anos desenvolve un traballo xornalístico de investigación e divulgación da cociña e gastronomía galegas a través dos medios de comunicación.[1] É autor do primeiro blog sobre cociña e literatura gastronómica en galego, que puxo en marcha en 2005.[1][2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Olería tradicional en Galicia (1998)[2]
  • Dicionario galego de gastronomía (1999)[2][3]
  • Caldeirada para dous (mortos) (2003)[2][3]
  • O crime de Santa Cruz do Valadouro (2004)[2]
  • A cociña do Merlín (2006)[2][3]
  • A cociña do Entroido e san Xoán (Xerais, 2006)[2]
  • Hora de comer (2007, conto infantil)[1]
  • Guía Gastronómica de Santiago (2008)[1]
  • Guía Secreta da Gastronomía de Galicia: Lugo (2011)[1]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Alimentos de España 2005 ao mellor labor informativo continuado, concedido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, polos artigos publicados no diario El Progreso ao longo do ano 2005.[1][3]
  • Premio Álvaro Cunqueiro, por Caldeirada para dous (mortos)[1]
  • Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro en 2006, por A cociña do Merlín.[3]
  • Premio Gourmand en 2006, por A cociña de Entroido e San Xoán.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Guía Secreta da Gastronomía de Galicia: Lugo". Editora Alvarellos. Consultado o 20-10-2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Miguel Vila Pernas". La Casa del Libro. Consultado o 20-10-2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Miguel Vila Pernas". Editorial Galaxia. Consultado o 20-10-2020.