IES San Rosendo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| IES San Rosendo | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Mondoñedo | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
O IES San Rosendo é un centro público de ensino secundario situado na vila de Mondoñedo.
Foi creado como instituto laboral no curso 1953/54. Naquel curso non se puido empezar en setembro, pois as obras non remataron ata o Nadal, co cal empezouse en xaneiro. No curso 2003/04 celebrouse o 50 aniversario, celebración que contou coa presenza de gran número de alumnos daquela primeira promoción.
O centro acollía as ensinanzas de gandería e agraria, de feito houbo vacas ata a década de 1970, facéndose as prácticas no que se coñece como A Granxa.
No centro celébranse diversas actividades tanto para alumnado coma para profesorado, acollendo amais actividades externas como as XXI Xornadas de Tecnoloxía da Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia en 2025.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- O IES en marzo de 2025
- Unha actividade no IES: XXI Xornadas de Tecnoloxía