Miquel Ventura i Balanyà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Miguel Ventura Balañá»)
Infotaula de personaMiquel Ventura i Balanyà

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1878 Editar o valor em Wikidata
Reus, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de setembro de 1930 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , etnólogo , filólogo , editor literario Editar o valor em Wikidata
MovementoModernismo catalán Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioPerarnayl de Rocafort
Euphemia Llorente de Domingo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua castelá, lingua inglesa, lingua francesa e lingua galega Editar o valor em Wikidata


Miquel Ventura i Balanyà, nado en Reus o 7 de xaneiro de 1878 e finado en Madrid o 2 de setembro de 1930, foi un filólogo, profesor e escritor catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou o Bacharelato no Instituto de Reus. Traduciu ao catalán Contes Gascons de Perbosc, Manfred de Lord Byron, La Ciutat Morta de Ànnunzio, Julio César de Shakespeare, El contracte social de Rousseau, algúns diálogos "dels morts" de Llucià e varías poesías castelás. Marchou a Madrid para cursar estudos de Francés, Grego e Inglés e conseguiu o título de mestre de primeira ensinanza exercendo na Escuola Normal Central. Fixo Filosofía e Letras na Universidade de Madrid.

Foi profesor de Francés da Escuela Normal de Madrid, e en 1905 concedéronlle unha bolsa para ampliar estudos en París.[1] Foi catedrático de Inglés na Escuela de Estudios Superiores del Magisterio de Madrid dende 1912.[2] Poeta alófono en galego, publicou o poemario ¡Fala armoñosa, non morrerás!, con prólogo de Aurelio Ribalta, en 1916, na revista literaria Biblioteca do Pobo galego editada en Madrid.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo de Galicia, 2-10-1905, p. 1.
  2. Gaceta de Galicia, 19-4-1912, p. 1.
  3. El Norte de Galicia, 16-6-1916, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jordi GINEBRA. El Grup Modernista de Reus i la llengua catalana. Reus: Associació d'Estudis Reusencs, 1994. ISBN 84-7935-223-X
  • Magí SUNYER. Els Marginats socials en la literatura del Grup Modernista de Reus. Reus: Associació d'Estudis Reusencs, 1984. ISBN 84-398-2015-1
  • Banús i Sans, Josep M. «La vida y la obra de Michel Ventura Balañá» (PDF). Revista del Centre de Lectura de Reus, núm. 37, quarta època, Juliol 1955.
  • Fornés, Lluís «Euphemia Llorente i el filòleg Michel Ventura Balanyà» (PDF). Revista Paraula d'Òc, núm. 3, Juny 1999.