Miguel Pardo Bazán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1784 ![]() Cambados, España ![]() |
Morte | 1839 ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | José Pardo Bazán ![]() |
Miguel Pardo Bazán de Mendoza Castro, nado en Cambados o 5 de agosto de 1784 e finado en 1839, foi un militar e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/68/Pruebas_de_limpieza_de_sangre_de_Miguel_Pardo_Baz%C3%A1n_de_Mendoza_y_Castro%2C_natural_de_Sta._Mari%C3%B1a_Doza%2C_opositor_a_una_beca_c%C3%A1nones_del_Colegio_de_Fonseca.jpg/220px-Pruebas_de_limpieza_de_sangre_de_Miguel_Pardo_Baz%C3%A1n_de_Mendoza_y_Castro%2C_natural_de_Sta._Mari%C3%B1a_Doza%2C_opositor_a_una_beca_c%C3%A1nones_del_Colegio_de_Fonseca.jpg)
Formou parte do Batallón Literario durante a Guerra de Independencia e acadou o grao de tenente coronel. Presidiu a primeira Xunta de Censura (1810) e formou parte no trienio liberal da Deputación da Coruña. En 1821 asinou unha denuncia contra o goberno pola falta de liberdade de prensa e foi deputado nas Cortes por Pontevedra (1834-1836) e A Coruña (1836-1837).
Casou en setembro de 1821 con Joaquina Mosquera Ribera[2], nada en 1805, e tiveron cinco fillos: Adelaida (1823); Gonzalo (1824); José (1827, que foi pai de Emilia Pardo Bazán); Demetrio (1829) e Laurenao (1839). O único que sobreviviría ao pai sería José, que herdaría tódolos vínculos e morgados.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ DE ODRIOZOLA RICO-AVELLO, CARLOS (2017). "Los Mosquera, Señores de Bentrances, Marqueses de Aranda y Guimarey. La familia inmediata de Doña Emilia Pardo Bazán". La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.
- ↑ Xosé Ramón Barreiro, Ricardo Axeitos Valiño, Patricia Carballal Miñán e Jacobo Manuel Caridad Martínez: "La trágica muerte de Joaquina Mosquera Ribera, abuela de Doña Emilia. Un secreto familiar desvelado" La Tribuna: cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, ISSN 1697-0810, n.º 8, 2010-2011, p. 15-56.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Couceiro Freijomil, A. (1954). "PARDO BAZÁN, Miguel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 31.