Saltar ao contido

Miguel Morán del Val

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Morán del Val
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor en Wikidata
Brazuelo, España Editar o valor en Wikidata
MorteDespois de 1937 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, xornalista, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1926 Editar o valor en Wikidata - 1937 Editar o valor en Wikidata

Miguel Morán del Val, nado en Brazuelo (León) cara a 1899, foi un mestre, xornalista e editor español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dirixiu a revista Vida Leonesa. Editou unha Guía de Vigo en 1926.[1] Dirixiu a revista Azul en Vigo nos anos vinte. Foi mestre de San Román de la Llanilla (Cantabria) en 1932.[2] Foi secretario do Hogar Leonés de Santander en 1932.[3] En decembro de 1934 foi destinado como mestre á escola de nenos de Santander.[4] Foi director da Escola Graduada de Santander. En 1937 foi xefe da sección de Bibliotecas e Museos e secretario da Junta de Incautación y Conservación del Tesoro Artístico Nacional. O goberno da República confioulle unha misión como Delegado da Junta Central del Tesoro Artístico na embaixada de España en París. Coa caída da República exiliouse en Francia.[5][6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]