Saltar ao contido

Miguel Martínez Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Martínez Losada
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor en Wikidata
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Morte7 de abril de 2015 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Gobernador civil da provincia de Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

BUSC: martinez-losada-miguel-1946

Miguel José Martínez Losada, nado na Coruña en 1946 e finado o 7 de abril de 2015[1], foi un químico e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid. Foi químico na empresa Down Chemical (1970-1973) e traballou como funcionario do Instituto Nacional de Seguridade do Ministerio de Traballo. Foi membro do consello de administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (1984-1986) e gobernador civil de Pontevedra (1986-1987). Foi conselleiro de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia (1987-1990) e deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993). Foi director do Centro de Seguridade e Saúde Laboral da Coruña (2005-2008). En 2008 foi nomeado director do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga).

Predecesor:
Luciano Asorey
 
Conselleiro de Traballo e Benestar Social
 
1987 - 1990
Sucesor:
Manuel Pérez Álvarez
  1. "Adiós a Miguel Martínez Losada", necrolóxica en La Voz de Galicia, 10 de abril de 2015 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]