Miguel Arricivita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Arricivita
Nacemento1905
Lugar de nacementoNavarra
Falecemento26 de setembro de 1973
Lugar de falecementoSanta Cruz de Tenerife
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

Miguel Arricivita Vidondo, nado en Navarra en 1905 e finado en Santa Cruz de Tenerife o 26 de setembro de 1973, foi un militar español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo a carreira militar na Academia de Infantería Toledo, da que saíu como alférez en 1926. Cando se produciu golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era tenente da Garda Civil na liña de Elizondo, sumándose á sublevación. Combateu toda a Guerra Civil no bando sublevado incorporado a unidades de requetés. Foi xefe do Terzo de Requetés San Fermín que participou na conquista de Bilbao. Cando rematou a guerra volveu á Garda Civil co grao de capitán. Xa como comandante da Garda Civil seguiu formación específica antiguerrilleira, e foi enviado a Ponferrada a finais de 1948 polo director xeneral da Garda Civil, Camilo Alonso Vega, como xefe da unidade especial da Benemérita coa misión de acabar coa guerrilla en León e nas provincias limítrofes, desatando unha brutal represión. Retirouse coa graduación de coronel. Finou en Santa Cruz de Tenerife o 26 de setembro de 1973.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Foi condecorado en Bilbao en 1941.[2]
  • Cruz da Orden do Mérito Militar con distintivo branco en 1949.[3]
  • Fillo Adoptivo de Ponferrada.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Pilar Calvet Álvarez e foi pai de Miguel José, Víctor, Ángel, Juan Carlos, Francisco Javier, María del Pilar e José Ramón Arricivita Álvarez.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]