Miguel Abia Biteo Boricó
Miguel Abia Biteo Boricó | |
---|---|
Nome completo | Miguel Abia Biteo Boricó |
Nacemento | 11 de xaneiro de 1961 |
Lugar de nacemento | Baney |
Falecemento | 6 de decembro de 2012 |
Lugar de falecemento | Malabo |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Nacionalidade | Guinea Ecuatorial |
Etnia | Pobo bubi |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | enxeñeiro, político e enxeñeiro de minas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Miguel Abia Biteo Boricó, nado posibelmente en 1961 e finado o 6 de decembro de 2012, foi o Primeiro Ministro de Guinea Ecuatorial desde o 14 de xuño de 2004 ata o 14 de agosto de 2006.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É membro da etnia bubi e é un dos poucos membros de devandito grupo étnico que ten poder político no país, que está dominado pola etnia fang. Biteo viviu e estudou na Unión Soviética, onde se graduou en enxeñería de minas. Logo de retornar a Guinea Ecuatorial comezou a traballar para o goberno e converteuse nun dos oficiais na industria do petróleo máis importantes do seu país. Foi Ministro de Finanzas desde 1999 ata o 2000, cando foi forzado a renunciar por un escándalo de corrupción. É un aliado achegado ao Presidente, Teodoro Obiang Nguema, quen o nomeou como Primeiro Ministro. Cesado o 10 de agosto do 2006, sendo substituído por Ricardo Mangue Obama Nfubea.