Micromachismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Micromachismo[1] é un termo acuñado polo psicólogo Luis Bonino Méndez para denominar un amplo abano de manobras interpersoais que se sinalarían como a base e caldo de cultivo das demais formas da violencia de xénero ou violencia machista: malos tratos psicolóxicos, emocionais, físicos, sexuais e económicos, que estarían normalizados.[2] Trataríanse ademais de prácticas lexitimadas pola contorna social, en contraste con outras formas de violencia machista denunciadas e condenadas habitualmente.[3][4][5][6]

Na parella, manifestaríase como formas de presión de baixa intensidade, coas que as persoas tentarían deter o poder e conseguir beneficios, en todos ou nalgúns ámbitos da relación:[3]

  • Impor e manter o dominio e a súa superioridade.
  • Reafirmar ou recuperar o devandito dominio.
  • Resistirse ao aumento de poder persoal ou interpersoal.
  • Aproveitarse dos devanditos poderes
  • Aproveitarse do "traballo coidador".[Cómpre referencia]

Orixe do termo[editar | editar a fonte]

O termo micromachismo foi acuñado en 1991 polo psicoterapeuta Luis Bonino Méndez, para dar nome a prácticas que outras e outros especialistas chaman «pequenas tiranías», «terrorismo íntimo» ou «violencia branda», menos populares que o primeiro.[7]

No termo, uniu «micro», en referencia ao capilar, o case imperceptíbel, o que está nos límites da evidencia; co termo "machismo", que designa a ideoloxía da dominación e alude os comportamentos de inferiorización dos homes cara ás mulleres.[8]

O sociólogo francés Pierre Bourdieu falou da "violencia suave" para referirse aos estereotipos xurdidos tras as conquistas en dereitos das mulleres do século XX. Para el trátase dun neomachismo, unha redefinición de antigos comportamentos androcéntricos, que en certos contextos do século XX en Occidente considéranse socialmente inaceptábeis, mais que os desexan seguir practicando para afianzar ou recuperar poder. Trataríase dunha nova forma de machismo máis sutil, nunha sociedade que o tolera menos.[9][10]

A necesidade de termos como estes vén argumentada porque, segundo os defensores do termo, aínda que a violencia de xénero adoita conceptualizarse desde unha perspectiva de poder e control do xénero masculino sobre o feminino, séguese prestando máis atención ás súas manifestacións físicas que ás psicolóxicas, a pesar de que as segundas son as máis características nestas relacións. Isto responde en gran medida ás dificultades para operacionalizar estes comportamentos.[11]

Ademais, as reflexións sobre violencia simbólica e abusos cotiáns buscan pór en debate aqueles elementos da cultura que forman a base da violencia contra as mulleres.[12][13]

Críticas ao termo[editar | editar a fonte]

Critícase tanto ao termo como a un uso inadecuado deste. En 2014, un xornal dixital español lanzou unha iniciativa para recompilar situacións que consideraban como micromachismos. Con todo, varios lectores acusáronos de clasificar como micromachismos feitos que entendían como agresións graves e lanzábase o debate sobre se o termo podería resultar unha forma de restar importancia a algunhas situacións.[14][15]

Desde o antifeminismo considérase que os micromachismos son unha forma de vitimismo e por tanto non existen.[Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://culturagalega.gal/album/docs/linatempo.pdf
  2. "Micromachismos: 4 muestras sutiles de machismo cotidiano". Consultado o 9 de outubro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Bonino Méndez, Luis (1998). "Micromachismos: la violencia invisible en la pareja" (PDF). Consultado o 27 de novembro de 2013. 
  4. Ferrer Pérez, Victoria A., Esperanza Bosch Fiol, Capilla Navarro Guzmán, M. Carmen Ramis Palmer y M. Esther García Buades (2008). "Los micromachismos o microviolencias en la relación de pareja: Una aproximación empírica" (PDF) 24 (2). Murcia: UM. ISSN 1695-2294. Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  5. Suárez Villegas, Juan Carlos (2013). "El micromachismo en la publicidad. Nuevas estrategias para viejos estereotipos: “mi marido me ayuda” y “el elogio de la maternidad”" 7 (2). Madrid: UCM. ISSN 1887-8598. doi:10.5209/rev_PEPU.2013.v7.n2.46176. Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  6. Fabbri, Luciano (xullo de 2014). "Glosario: Micromachismo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2014. Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  7. Herrera, Sonia (10 de xuño de 2013). "Micromachismos nuestros de cada día". Consultado o 27 de novembro de 2013. 
  8. Bonino Méndez, Luis. "Micromachismos: la violencia invisible en la pareja" (PDF) (en Castellano). Consultado o 27 de novembro de 2013. 
  9. Núñez, Miguel Ángel. "Una suave violencia". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 27 de novembro de 2013. 
  10. "La amenaza del neomachismo". 3 de marzo de 2019. 
  11. Ramos Lira, Luciana y María Teresa Saltijeral Méndez (2008). "¿Violencia episódica o terrorismo íntimo? Una propuesta exploratoria para clasificar la violencia contra otro en las relaciones de pareja" 31 (6). Instituto Mexicano de Psiquiatría Ramón de la Fuente. ISSN 0185-3325. Consultado o 27 de novembro de 2013. 
  12. Palma Manríquez, María (2010). "Violencia simbólica. Un acercamiento desde los micromachismos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 27 de novembro de 2013. 
  13. Micromachismos invisibles. Los otros rostros del patriarcado (2009). "Micromachismos invisibles. Los otros rostros del patriarcado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2010. Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  14. Requena Aguilar, Ana (12 de febreiro de 2014). "Micromachismos: cuando lo micro no es poco importante". Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  15. González, Lucía (11 de xullo de 2013). "Micromachismos, machismos: ¿los sabemos diferenciar?". Consultado o 17 de decembro de 2014. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]