Micro Audio Waves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Micro Audio Waves
OrixePortugal
Período2000 - actualidade
Xénero(s)Electrónica
MembrosFlak
C. Morgado
Claudia Efe
Na rede
Sitio oficial
Musicbrainz: 7856b94c-1f8e-441f-959f-2fd29db83fe2 Songkick: 135741 Discogs: 363923 Editar o valor em Wikidata

Os Micro Audio Waves son un grupo musical portugués de música electrónica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixinalmente un dúo formado por Flak (guitarrista dos Radio Macau) e C. Morgado (instrumentos electrónicos) o grupo apareceu en 2000, e comezou por desenvolver composicións cunha orientación minimalista e experimental. Ese primeiro estilo pode ser ouvido no seu primeiro álbum Micro Audio Waves, lanzado en 2002.

3º Elemento[editar | editar a fonte]

Coa entrada de Claudia Efe (voz) como membro efectivo do grupo, o proxecto asume unha nova dirección. A electrónica máis purista foi substituída por cancións electro-acústicas de estrutura máis clásica, sen traizoar a compoñente experimental. O álbum "No Waves", lanzado en 2004, foi considerado como un dos máis excitantes álbums do ano por John Peel da BBC Radio One, e gañou o Qwartz Electronic Music Awards en París (mellor álbum e mellor videoclip).

O logro principal foi a canción "Fully Connected", na cal as instrucións de montaxe dun aparello de estudo (lixeiramente alteradas, por exemplo "until the cable is fully connected" pasou a "until the body is fully connected") son cantadas dunha maneira moi sexy por Claudia Efe. O mesmo tipo de letra aparece na canción "sold out" (instrucións dun procesador de son).

Outro álbum, Odd Size Baggage foi posto á venda en abril de 2007. Dúas cancións, "down by flow" e "odd size baggage" xa foran presentadas. A canción "odd size baggage" mantén a tradición de letras baseadas en folletos de instrucións, neste caso as dun servizo de protección anti-roubo, StopTrack.

Zoetrope[editar | editar a fonte]

En 2009, os Micro Audio Waves xúntanse ao coreógrafo Rui Horta[1] para crearen "Zoetrope", un espectáculo multimedia so a forma de concerto encenado, híbrido entre a música, o vídeo, o movemento e a poesía. Tras estrea mundial en Moscova, "Zoetrope" ten percorrido varios escenarios nacionais e internacionais. Unha edición en DVD está prevista para outubro de 2009[2].

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

DVD[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Disco Dixital Micro Audio Waves traballan con Rui Horta
  2. Blitz.pt[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]