Michel Azama
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1947 (76/77 anos) Villelongue-de-la-Salanque, Francia |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, dramaturgo, escritor |
Michel Azama, nado en Villelongue-de-la-Salanque (Pireneos Orientais) en 1947, é un escritor e dramaturgo francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduado en Filosofía e Letras na Universidade Paul Valéry de Montpellier, formouse como actor na Escola de Jacques Lecoq de París. Escribiu o seu primeiro texto, Bled, ao termo dunha estancia de dous anos en Marrocos.
Dramaturgo e asesor literario do Centro Dramático Nacional francés. As súas obras están traducidas en varias linguas, traducindo el mesmo os seus textos ó castelán.
Alén da súa actividade docente internacional á fronte de numerosos obradoiros de escritura teatral en Francia, Italia, España, Colombia ou Chile, traduciu numerosos autores de expresión castelá (José Sanchis Sinisterra) e catalá (Sergi Belbel, Josep Maria Benet i Jornet).
En 2002 foi nomeado presidente de Écrivains Associés du Theatre (EAT), entidade profesional que agrupa a máis de 300 dramaturgos franceses.
Obras
[editar | editar a fonte]- Ruptures (1981)
- Bled (1984)
- Vie et mort de P. Paolo Pasolini (1986)
- Croisades (1988)
- Le Sas (1989)
- Iphigenie ou le pêche des Dieux (1991)
- Asteques (1991)
- Medee Black (1992)
- Les deux terres d'Akhenaton (1994)
- Zoo de nuit (1997)
- Faits divers (1998)
- Saintes familles (2002)