O Metro de Miami, tamén coñecido como Metrorail, é un sistema de transporte ferroviario urbano que serve ao condado de Miami-Dade, en Florida. Foi inaugurado o 20 de maio de 1984 e conta con 3 liñas e 23 estacións. É administrado polo Departamento de Transporte Público de Miami-Dade (Miami-Dade Transit, MDT).