Miguel III o Santo Vladimirski
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1271 Vladimir |
| Morte | 1318 Sarai |
| Causa da morte | homicidio |
| Relixión | Cristianismo ortodoxo |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 22 de novembro |
| Outro | |
| Título | Knez |
| Familia | Dinastía Rurícovich |
| Cónxuxe | Anna of Kashin (1294, 1294 (Gregoriano)–) |
| Fillos | Dmitry of Tver, Aleksandr Mikhailovich of Tver, Vasily I of Tver, Konstantin of Tver |
| Pais | Yaroslav of Tver |
| Irmáns | Svyatoslav, Grand Duke of Tver |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) |

Miguel III o santo Vladimirski Gran Príncipe de Vladimir de 1304 a 1318.
Biografía
[editar | editar a fonte]Fillo de Iaroslav III Vladimirski e de Xénia de Novgorod.
Foi grande duque de Tver de 1285 a 1304. Debido a que o principado de Vladimir se atopaba en loitas internas e tamén contra os mongois, o territorio de Tver foi protexido, feito que resultou influente, polo que pasou a se-lo herdeiro de André III Vladimirski.
Foi nomeado Gran duque de Vladimir grazas á protección do Grande Khan de Mongolia. En 1313 Iuri III Moskovski rebélase contra el e obtén a alianza do Khan Özbeg da Horda de Ouro casando coa súa irmá. Ambos asedian a Miguel en Tver. En 1317 Miguel captura a muller de Iuri. En 1318 sospeitoso de envelenala foi chamado á Corte du Khan en Saraï, para defenderse. Sometido a tortura foi ferido ao ser empalado e decapitado polo que morreu con moito sufrimento o 22 de novembro de 1318. Levado de volta a Rusia foi inhumado en Tver. Na Igrexa Ortodoxa é venerado coma un santo.
Unión e descendencia
[editar | editar a fonte]Do seu casamento do 8 de novembro de 1294 con Anna filla de Dimitri de Rostov e morta o 3 de outubro de 1368 naceron 6 fillos dos que:
- Dimitri II Vladimirski foi Gran Príncipe.
- Alexandre II Vladimirski foi Gran Príncipe.
- Constantin (1304-1345) duque de Tver de 1327 a 1338 e en 1339.
- Vassili (morto en 1368) Duque de Tver.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
(fr) Páxina da Wikipedia en francés Michel III le Saint Vladimirski, da que é tradución.
