Saltar ao contido

Mesnada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha mesnada[1] era, na Península Ibérica durante a Idade Media, o conxunto de homes armados pertencentes a un rei, señor, ricohome, consello, parroquia ou distrito que formaba a unidade orgánica da hoste ou exército. Ao conxunto de normas que tiñan que cumprir os mesnadeiros chamábaselle mesnadaría, así como ao soldo que recibían.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra ven do latín mansionatus, que siginificaba "aloxado" na "mansión" do señor.

Diferénciase da az, ou aaz, en que a mesnada, era unha parte do exército e a az, era unha unidade táctica no campo de batalla.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. "mesnada". academia.gal. Consultado o 2024. 
  2. "mesnadaria". digalego.xunta.gal. Consultado o 2024. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jose Almirante - Diccionario militar, 1869, Madrid.