Saltar ao contido

Meritxell Gené i Poca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMeritxell Gené i Poca

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1986 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Lleida Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Lleida Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositora, actriz, mestra, música, poetisa Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoCanción de autor e canción protesta Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz, guitarra clásica e concertina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webmeritxellgene.cat Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5760431 Facebook: Meritxell-Gené-32641118701 Twitter: meritxellgene Instagram: meritxellgene MySpace: meritxellgene Youtube: UCJaZYgr5ldfoz1V-thJ0WJQ BNE: XX4752412 Bandcamp: meritxellgene Spotify: 61PFyPFiEpmO5fxfucF1yK Musicbrainz: 4683d911-1e8d-41d5-bc77-29252e04b2e8 Songkick: 831220 Editar o valor en Wikidata

Meritxell Gené i Poca, nada en Lleida o 2 de novembro de 1986, é unha cantautora e poeta catalá. Licenciouse en Educación Musical pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Lleida (UdL). Actualmente, tamén traballa como profesora nun colexio.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 2003, Meritxell Gené formou parte da formación inicial do grupo Skalivada (despois chamado Escalivada), que combinaba música folk, ska e instrumentos tradicionais cataláns. A partir de 2006 comeza a actuar en solitario, o que deu lugar ao seu primeiro disco, "Inesperadament", gravado en 2008.[3] No disco destaca a canción "Ciutat Llunyana", cunha letra baseada nun dos textos máis coñecidos do poeta de Lleida, Màrius Torres, e que tamén se converteu no primeiro videoclip da cantautora.[1]

En 2008 comeza tamén a traballar como actriz e música na compañía de teatro Dimitri Ialta, no espectáculo "Pecats grans i menors". Ao ano seguinte traballou tamén como actriz e música na obra "Lo monstre", presentada pola compañía Efímer.[4] En 2010 grava o seu segundo disco, "Sota els llençols".[1]

En 2012 converteuse en membro fundador do colectivo La Cançó Necessària, que promove a música catalá, xunto a Pau Alabajos, Cesk Freixas, Jordi Montañez, Josep Romeu e Andreu Valor. En 2013 gravou o seu terceiro disco, "Així t'escau la melangia" ("Así che vai a melancolía"), en homenaxe ao poeta Màrius Torres. O seu cuarto disco, "Branques", publicouse en 2015. A partir de 2017 pasa a formar parte do proxecto musical Les Kol·lontai, co que actúa en diferentes localidades de Cataluña e do País Valenciano.[5] Ese mesmo ano, participa no proxecto "Mans manetes. L'Alguer: paraules, cançons i veus de minyons" cantando a canción "La verema", de Pasqual Gallo.[1]

En 2018 publicou o seu primeiro poemario, "Després dels esbarzers", a través de Pagès Editors.[1]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • 2008: Inesperadament (Trackatrack)
  • 2010: Sota els llençols (Tolmusic)
  • 2013: Així t'escau la melangia (Khlämor Records)[6]
  • 2015: Branques (Khlämor Records)[7]
  • 2020: Sa tanca d'allà dins (autoeditado)[8]
  • 2023: No diré res de mi (Segell Microscopi)[9]

Obra publicada

[editar | editar a fonte]
  • 2018: Després dels esbarzers (Pagès Editors)[10]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Biografia" (en catalán). Consultado o 12-10-2024. 
  2. Vilaweb, ed. (12-04-2023). "A casa he viscut morts molt properes, que m'han marcat molt" (en catalán). Consultado o 2024-07-19. 
  3. Cabaret Elèctric. Catalunya Ràdio, ed. (11-03-2009). "La cantautora Meritxell Gené ens presenta el seu primer disc "Inesperadament"" (en catalán). 
  4. ACN, ed. (21-08-2009). "Efímer ultima els detalls de 'Lo monstre' un titella articulat de quatre metres que prendrà els carrers de Fira Tàrrega" (en catalán). 
  5. Cervantes, Xavier (2017-01-28). Ara, ed. "Les Kol·lontai ho diuen ben clar: feminisme o barbàrie" (en catalán). Consultado o 2019-04-17. 
  6. TV3, ed. (02-01-2015). "Meritxell Gené canta Màrius Torres a Puig d'Olena" (en catalán). 
  7. Enderrock, ed. (01-03-2015). "'Branques', nou disc de Meritxell Gené" (en catalán). 
  8. Betevé, ed. (23-01-2021). "Meritxell Gené presenta nou disc al Barnasants 2021" (en catalán). Consultado o 2021-05-02. 
  9. Vilaweb, ed. (09-04-2023). "Meritxell Gené canta Ferrater: “Posseït”" (en catalán). 
  10. de Castro, Javier (23/04/2018). Enderrock.cat, ed. "La mirada més íntima de Meritxell Gené" (en catalán). Consultado o 2024-07-19.