Funeral (álbum)
| Funeral | ||||
|---|---|---|---|---|
| Álbum de Arcade Fire | ||||
| Publicado | 14 de setembro do 2004 | |||
| Gravación | 2003 - 2004 | |||
| Estudio(s) | Hotel2Tango | |||
| Duración | 48:02 | |||
| Xénero(s) | indie rock, baroque pop | |||
| Selo(s) | Merge, Rough Trade | |||
| Produtor | Arcade Fire | |||
| Cronoloxía | ||||
| ||||
| Na rede | ||||
| [ editar datos en Wikidata ] | ||||
Funeral é o álbum de estrea da banda canadense de indie rock Arcade Fire, publicado o 14 de setembro do 2004 en Norteamérica a través do selo Merge Records e o 28 de febreiro do 2005 en Europa por Rough Trade Records. Recibiu ese nome debido a que varios membros do grupo perderan recentemente a familiares: a avoa de Régine Chassagne morreu en xuño do 2003, o avó de Win e William Butler (o músico de swing Alvino Rey) en marzo do 2004, e a tía de Richard Reed Parry en abril do 2004.
O álbum produciu cinco sinxelos, sendo "Rebellion (Lies)" o de maior éxito, chegando ao posto número 19 na lista de sinxelos do Reino Unido. o disco foi nomeado aos Grammy en 2005 na categoría de Mellor Álbum de Música Alternativa. Recibiu unha ampla aclamación da crítica e encabezou moitas listas de fin de ano e de década, sendo no presente considerado a miúdo un dos mellores álbums de todos os tempos. Segundo o sitio web Metacritic, o álbum tivo o segundo maior número de aparicións nas listas do Top 10 de fin de década, só por detrás de Kid A de Radiohead.[1] Na versión actualizada de 2020 da lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos de Rolling Stone, ocupou o posto número 500.[2]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Arcade Fire, coa axuda de Josh Deu en "Neighborhood #1 (Tunnels)" e "Neighborhood #3 (Power Out)".
| N.º | Título | Duración |
|---|---|---|
| 1. | "Neighborhood #1 (Tunnels)" | 4:48 |
| 2. | "Neighborhood #2 (Laïka)" | 3:33 |
| 3. | "Une Année Sans Lumière" | 3:40 |
| 4. | "Neighborhood #3 (Power Out)" | 5:12 |
| 5. | "Neighborhood #4 (7 Kettles)" | 4:49 |
| 6. | "Crown of Love" | 4:42 |
| 7. | "Wake Up" | 5:39 |
| 8. | "Haïti" | 4:07 |
| 9. | "Rebellion (Lies)" | 5:10 |
| 10. | "In the Backseat" | 6:21 |
| Disco extra no Xapón | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
| 1. | "My Buddy" (Alvino Rey Orchestra) | 2:35 | |||||||
| 2. | "Neighborhood #3 (Power Out)" (August Session) | Arcade Fire | 5:35 | ||||||
| 3. | "Brazil" | Ary Barroso | 3:56 | ||||||
| 4. | "Neighborhood #3 (Power Out)" (Live at the Great American Music Hall) | Arcade Fire | 5:57 | ||||||
- ↑ "Best Albums of the Decade: A Roundup of Critic Lists - Metacritic". Metacritic. Consultado o 8 de outubro de 2025.
- ↑ "The 500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). 2023-12-31. Consultado o 2025-10-08.