Canyon (satélites artificiais)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Canyon foi unha serie de satélites artificiais adicados á espionaxe electrónica. Foi a primeira serie de satélites da Oficina Nacional de Recoñecemento dos Estados Unidos de recoñecemento electrónico e órbita case xeoestacionaria. Foron lanzados baixo a denominación AFP-827 e Programa 7500. A finalidade principal dos satélites Canyon era interceptar comunicacións soviéticas, en particular ligazóns de microondas na liña de visión dos satélites, pero tamén transmisións en VHF.

O contratista principal dos satélites foi Lockheed. Suponse que usaban antenas de ata 10 m de diámetro e que estaban estabilizados nos tres eixos. Lanzáronse un total de sete satélites Canyon mediante foguetes Atlas-Agena D, seis deles chegando a órbita sen problemas e un perdido durante o lanzamento. Os tres primeiros sufriron distintos grados de problemas durante a súa operación, mentres que os tres últimos funcionaron sen problemas e cumprindo cos seus obxectivos.

Foron sucedidos pola serie de satélites Chalet.

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Satélite Data Sitio de lanzamento Foguete Resultado Notas
Canyon 6 de agosto de 1968 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 Atlas-Agena D Éxito Primeiro lanzamento dun Canyon.
Canyon 13 de abril de 1969 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 Atlas-Agena D Éxito
Canyon 1 de setembro de 1970 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 Atlas-Agena D Éxito
Canyon 4 de decembro de 1971 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 Atlas-Agena D Fallo Fallo da primeira etapa.
Canyon 20 de decembro de 1971 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 Atlas-Agena D Éxito
Canyon 18 de xuño de 1975 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 Atlas-Agena D Éxito
Canyon 23 de maio de 1977 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 Atlas-Agena D Éxito Último lanzamento dun Canyon.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]