Saltar ao contido

Meréns, Cortegada

Meréns
Cemiterio de Meréns.
ConcelloCortegada[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°14′02″N 8°09′53″O / 42.233888888889, -8.1647222222222
Poboación45 hab. (2017)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cibrán de Meréns é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2009 tiña 66 habitantes (29 homes e 37 mulleres). Limita ao norte con Lapela, ao leste con Louredo, ao sur co Rabiño e ao oeste co río Miño.

Economía

[editar | editar a fonte]

Dedícase ao cultivo do pemento de Arnoia e autoconsumo.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Hai restos romanos (unha ara romana onde antes estaba a vella capela) e un escudo heráldico no pazo dos Puga do século XVIII. Fermín Bouza Brey deixou recollido o achado da ara romana (así como da pía bautismal do século XIV) e a hipótese de que na cima do Coto de Meréns se atopase un rollo xurisdicional (forca). A súa igrexa parroquial é dos anos 50 e o pazo de Meréns é unha casa cuxo único adorno é o escudo mais grande de Galicia, atopándose fronte a unha pequena praza onde hai un peto de ánimas. O seu patrón é o autor do Ciprianillo.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Meréns

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Meréns no concello de Cortegada (Ourense)

Meréns

Parroquias de Cortegada

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cortegada

Cortegada (Santa María) | Louredo (San Xoán) | Meréns (San Cibrán) | Rabiño (San Bieito) | Refoxos (San Breixo) | Valongo (San Martiño) | Zaparín (San Martiño)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]