Saltar ao contido

Memorias de Idhún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Memorias de Idhún
 Título
    Memorias de Idhún (es) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Ambientado en
 Obra derivada
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0g5r34l Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Memorias de Idhún é unha triloxía de libros de fantasía e aventura escrito pola escritora valenciana Laura Gallego García, autora doutros libros como Finis Mundi, Las hijas de Tara ou as Crónicas de la Torre. A historia trata de tres rapaces, Jack, Victoria e Kirtash, quen están predestinados a cambiar o destino de Idhún para sempre.[1][2]

A editorial SM ten os dereitos de publicación en español.[2] A historia foi traducida a varios idiomas, entre os que están o catalán, portugués, alemán e coreano.

Os libros

[editar | editar a fonte]
  • Memorias de Idhún I: La Resistencia
  • Memorias de Idhún II: Tríade
  • Memorias de Idhún III: Panteón

Argumento

[editar | editar a fonte]

No primeiro libro, os personaxes desenvolven lazos sentimentais moi complexos e loitan na Terra mentres que van descubrindo a súa verdadeira natureza e máis acerca de Idhún e a profecía. O obxectivo é atopar ao último unicornio e ao último dragón.

No segundo libro, os personaxes deben aprender a convivir e continúa o desenvolvemento emocional,[1] xa en Idhún. Deben preparar a rebelión e o unicornio e dragón deben derrotar a Ashran. Porén pronto se descobre que todo a loita non é máis có comezo dunha gran guerra divina.

O terceiro libro explora a relación dos deuses coa historia. A acción desenvólvese entre Idhún e a Terra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]