Saltar ao contido

Melquíades Lestón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMelquíades Lestón
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor en Wikidata
O Porto do Son Editar o valor en Wikidata
Morte1959 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 143667 Los de la sierra: 9937

Melquíades Lestón Romero, nado no Porto do Son en 1906 e finado en Santiago de Compostela en 1959, foi un mariñeiro e sindicalista libertario galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrado nos Estados Unidos, retornou e afiliouse ao sindicato Protección Obrera do Porto do Son. Traballou na frota do Gran Sol radicada no porto de Xixón. Alí foi un dos fundadores da Unión Pesquera, que se integrou na UGT en maio de 1931, e un dos que contribuíu á integración do sindicato na CNT. Foi propagandista da Federación Regional de Industria Pesquera. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Xixón, onde foi delegado de Frota Mayor no Comité de Industrias Pesquera e participou na Confederación Regional Galaica en Asturias. Cando caeu a fronte norte, conseguiu escapar a Valencia onde foi secretario da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Detido no campo de Albaterra ao rematar a guerra, foi xulgado en Valencia por auxilio á rebelión e condenado a cadea perpetua. Pasou seis anos no Penal de San Miguel de los Reyes. Saíu en liberdade condicional en 1946,[1] retornou ao Porto do Son para visitar a muller e os fillos. Pero acosado pola Falange local liscou a Pasaia, onde estivo uns meses implicándose en accións clandestinas da CNT vasca, até que marchou ao exilio francés e despois a Tunisia,[2] onde foi asesor do presidente Habib Bourguiba en materia de pesca. A mediados dos anos cincuenta perdeu a razón e foi repatriado.

Escribiu en Galicia Libre (Madrid).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]