Melitaea nevadensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Melitaea nevadensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: 'Melitaea'
Especie: ''M. nevadensis''
Nome binomial
'Melitaea nevadensis'
Oberthür, 1904
Sinonimia
  • Melitaea dejone nevadensis Oberthür, 1904
  • Melitaea athalia celadussa Fruhstorfer, 1910
  • Melitaea athalia nevadensis Oberthür, 1904

Melitaea nevadensis é unha especie de bolboreta da familia Nymphalidae.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O nome nevadensis orixinalmente referiuse a unha subspecie de Melitaea deione, e máis tarde de Melitaea athalia, atopada en Serra Nevada. A principios do século XXI, estudos moleculares (ADN mitocondrial) determinaron que as poboacións de Melitaea athalia do suroeste de Europa (maioritariamente comprendendo a subespecie M. a. celadussa, mais tamén M. a. nevadensis) probablemente constituían unha especie separada do nominal M. athalia xeneralizada pola rexión Paleártica. Estas bolboretas son distintas xeneticamente e morfoloxicamente na estrutura dos genitalia.[1][2][3] Esta nova especie identificada foi referida como Melitaea nevadensis, Melitaea celadussa ou Melitaea helvetica.

Distribución[editar | editar a fonte]

Melitaea nevadensis substitúe a Melitaea athalia na Península ibérica, no sueste de Francia, Suíza occidental e do sur, e na maioría de Italia. En Francia e Italia, o rangos desta dúas especies están separadas por unha zona de transición ancha onde o espécimes teñen características morfolóxicas intermedias.

Descrición[editar | editar a fonte]

Ten unha envergadura duns 40 milímetros. Estas bolboretas son amarelas douradas ou laranxas, con finas marcas negras.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

As eirugas aliméntanse de especies de Plantago, Antirrhinum, Veronica, Linaria, Melampyrum, Digitalis e Pedicularis.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oorschot Van H., Coutsis J. - The genus Melitaea Fabricius, 1807 (Lepidoptera: Nymphalidae, Nymphalinae) Taxonomy and systematics with special reference to the male genitalia. - Pardubice 2014
  2. Leneveu J., Chichvarkhin A. & Wahlberg N. (2009), Varying rates of diversification in the genus Melitaea (Lepidoptera: Nymphalidae) during the past 20 million years Biological Journal of the Linnean Society n.2 pp. 346-361
  3. Emilio Balletto, Luigi A. Cassulo , Simona Bonelli : An annotated Checklist of the Italian Butterflies and Skippers (Papilionoidea, Hesperiioidea) -p.101-
  4. Paolo Mazzei, Daniel Morel, Raniero Panfili Moths and Butterflies of Europe and North Africa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]