Mecenas
Nome orixinal | Caius Cilnius Maecenas |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de abril do 69 a.C. Arezzo, Italia, alegadamente (pt) |
Morte | 8 a.C. valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga, mecenas, poeta |
Período de tempo | República Romana Tardía e Alto Imperio Romano |
Familia | |
Cónxuxe | Terentia |
Pais | valor descoñecido e valor descoñecido |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Obálky knih, |
Caius Cilnius Maecenas nado en Arezzo, probablemente o 15 de abril do 69 a. C. e finado probablemente no ano 8 antes da nosa era, foi un estadista romano e patrono das letras.
Mecenas descendía dunha familia etrusca antiga e nobre. Foi conselleiro, colaborador e amigo de Octavio Augusto, a quen mesmo substituíu durante as súas ausencias de Italia. Posteriormente a relación arrefriou, posibelmente porque Augusto tivo un affaire coa muller de Mecenas, Terencia, mais no seu testamento designouno único herdeiro. Actuou como mediador nos tratados de Brindisi (40 a. C.) e Taranto (37 a. C.).
Mecenas foi unha figura chave na vida literaria da época augusta. Animou a súa política cultural, ao protexer e dirixir os creadores de máis prestixio, como Virxilio (quen lle dedicou as Xeórxicas), Horacio (a quen lle regalou Vila Sabina), Propercio, Varius Rufus, Plotius Tucca, Valgius Rufus ou Domitius Marsus.
É autor de obras en prosa (Prometeo, Simposio, In Octaviam, De cultu suo) e en verso, das que se conservan uns vinte fragmentos.
Legado
[editar | editar a fonte]O seu nome é símbolo do padroado rico e xeneroso das artes. Os termos galegos mecenas e mecenado proveñen do seu nome.
Vexa a entrada do Galizionario acerca de mecenas |