Mead (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mead
Mead crater.gif
Imaxe de radar do cráter Mead. As bandas verticais están asociadas ó procesado dos datos do radar, a iluminación ven dende a esquerda cun ángulo de 45°
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 270 km[1]
Profundidade  ?
Coordenadas 12,5° N 57,2° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nome en honra a antropóloga americana Margaret Mead.[1]

Mead é o cráter de impacto máis grande do planeta Venus, e fica exactamente nas coordenadas 12,5° N 57,2° E.[1] Ten máis de 270 km de diámetro[1] e posúe dous aneis concéntricos cara o borde do cráter. O seu chan semella ter unha morfoloxía moi semellante ás chairas que rodean o cráter.

Mead está clasificado coma un cráter de múltiples aneis, e considerase que a escarpa máis interior é o borde da cavidade orixinal do cráter. Non se observa ningún anel central ou pico central en Mead. A presenza de moitos grumos, brillantes ó radar que cruzan o chan escuro ó radar do cráter e os terreos adxacentes ás cristas dos bordes do cráter, suxiren a probabilidade de que o chan sexa único bloque que é concéntrico á cavidade orixinal do cráter pero que se estende moito máis aló dos límites das cristas do borde do cráter. O chan plano e que vai sendo máis brillante cara o interior é interpretado coma o resultado dun proceso de recheo da cavidade orixinal do cráter por parte de rochas fundidas debido ó calor do impacto inicial ou polo recheo de lavas de orixe volcánico. Cara o sueste dos bordes do cráter, o material expulsado polo impacto parece ser que foi detido pola presenza de cadeas montañosas preexistentes, impedindo así un proceso normal de depositación deste material.[2]

Recibiu o seu nome en honra a antropóloga americana Margaret Mead.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]