Saltar ao contido

Mayra García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMayra García

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Trabada
2015 – 2024 (dimisión)
← José Manuel Yanes GinzoRubén García Freije → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

Mayra García Bermúdez, nada o 27 de maio de 1988[1], é unha política galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Está Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi elixida alcaldesa de Trabada con maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015 liderando a candidatura do PSdeG-PSOE, o que a converteu na alcaldesa máis nova de Galicia.

No mesmo mandato, entrou a formar parte da Deputación Provincial de Lugo como deputada de Economía, logo de ser elixida deputada como representante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Mondoñedo. Reeditou a maioría absoluta nos comicios de 2019 e volveu ser elixida alcaldesa,[2] así como Deputada Provincial e encargada da área de Economía.[3] Nas eleccións municipais de 2023 volveu ser elixida como alcaldesa.[4] No 2024 dimitiu como alcaldesa para se presentar como número 3 na lista do seu partido pola provincia de Lugo nas eleccións ao Parlamento de Galicia. O seu sucesor, Rubén García Freije,[5] tomou posesión da alcaldía o 18 de xaneiro de 2024.[6]

  1. "Deputación de Lugo". Arquivado dende o orixinal o 02/06/2020. Consultado o 21/5/2017. 
  2. Alonso, José (10 de xullo de 2019). "Mayra García, alcaldesa de Trabada: «Quero aproveitar esta corrente e que veña o maior número de familias»". lavozdegalicia.es. Consultado o 23 de xuño de 2023. 
  3. Redacción (20 de decembro de 2022). "La alcaldesa socialista de Trabada (Lugo), a punto de aprobar una oposición A2 en A Coruña". elespanol.com (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2023. 
  4. Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2023. 
  5. Villapol, Pablo (10 de xaneiro de 2024). "Mayra García desembarca na política galega con enorme "ilusión"". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2024. 
  6. Villapol, Pablo (16 de xaneiro de 2024). "Rubén García toma posesión este viernes como nuevo alcalde de Trabada". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Manuel Yanes Ginzo
 
Alcaldesa de Trabada
 
2015 - 2024
Sucesor:
Rubén García Freije