Saltar ao contido

May Balisidya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMay Balisidya
Biografía
Nacemento10 de maio de 1947 Editar o valor en Wikidata
Dodoma Editar o valor en Wikidata
Morte27 de decembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
EducaciónUniversidade de Wisconsin-Madison
Universidade de Dar es Salaam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Dar es Salaam Editar o valor en Wikidata

May Lenna Balisidya Matteru, nada en Dodoma o 10 de maio de 1947 e finada o 27 de decembro de 1987, foi unha escritora de Tanzania en lingua suahili.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de facer os estudos primarios e secundarios na súa vila natal, en 1970 licenciouse en Artes na Universidade de Dar es Salaam, e en 1978 rematou un mestrado en Literatura Oral pola mesma institución. Entre 1977 e 1987 foi lectora no departamento de Kiswahili desa mesma universidade,[1] e en novembro de 1987 doutorouse en Literatura africana pola Universidade de Wisconsin-Madison.[1][2]

En 1971 foi elixida para o Baraza la Kiswahili la Taifa, institución de Tanzania encargada de regular e promover o suahili;[2] ocupou a vicepresidencia do consello durante dous mandatos.[1]

Morreu por mor dun cancro.[1]

  • Shida (novela)[3]
  • Ayubu (teatro)
  • Tujifunze Kusoma (literatura infantil)
  1. 1 2 3 4 "In Memoriam: Dr. May Balisidya Matteru (1947-1987)". Kiswahili 54 (Universidade de Dar es Salaam). pp. 3–13.
  2. 1 2 "A Storyteller to Remember". African languages and literature. Universidade de Wisconsin.
  3. Otiso, Kefa M. (2013). Culture and Customs of Tanzania. p. 82. ISBN 0313087083.