Max Josef Metzger
Max Josef Metzger | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1887 |
Lugar de nacemento | Schopfheim |
Falecemento | 17 de abril de 1944 |
Lugar de falecemento | Brandenburg an der Havel |
Nacionalidade | Reich alemán |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | esperantista, sacerdote católico, pacifista e membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |

Max Josef Metzger nado en Schopfheim (Estado de Baden) o 3 de febreiro de 1887 e finado en Brandenburg an der Havel o 17 de abril de 1944 foi un sacerdote pacifista católico alemán, executado polo nazismo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ordenado como sacerdote en 1911, a súa experiencia como capelán de división na Primeira Guerra Mundial converteuno nun pacifista convencido. Isto levouno a organizar un movemento pacifista de inspiración católica que tivo escaso eco nun momento de exaltación prebélica nas capas católicas medias dos países europeos. Fundou tamén a irmandade Una Sancta, pioneira no traballo pola unidade das Igrexas que encontrou acedas oposicións no catolicismo preconciliar. É finalmente o fundador da Sociedade de Cristo Rei da Cruz Branca, fomentadora dunha espiritualidade baseada na oración, o espírito eclesial universalista e o amor ao inimigo. A súa actividade e ideas estaban en expresa contradición co nacionalsocialismo o que provocou que fora detido en varias ocasións. Un memorando pacifista foi interceptado pola Gestapo, o que foi ocasión para detelo, torturalo e finalmente executalo mediante a súa decapitación na guillotina. Foi encontrado culpable de traizón ao Estado e encubrimento do inimigo por un Tribunal presidido por Roland Freisler.
Está en marcha o proceso de beatificación.[Cómpre referencia]
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |