Maturín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMaturín
Imaxe

Localización
Mapa
 9°42′N 63°12′O / 9.7, -63.2Coordenadas: 9°42′N 63°12′O / 9.7, -63.2
EstadoVenezuela
Estado da Venezuela (pt) TraducirMonagas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación542.259 (2011) Editar o valor em Wikidata (1.165,15 hab./km²)
Xeografía
Superficie465,4 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude67 m Editar o valor em Wikidata
Creación7 de decembro de 1760 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico0291 Editar o valor em Wikidata

Páxina webalcaldiadematurin.gob.ve Editar o valor em Wikidata

Maturín é unha cidade que é a capital do Estado Monagas, Venezuela.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Maturín érguese sobre unha meseta situada no centro do estado de Monagas e na ribeira sur do Río Guarapiche. O clima de Maturín é tropical e húmido. Maturín ten 450.000 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada polo misioneiro español Lucas de Zaragoza o 7 de decembro de 1760. Maturín foi destruída na guerra da independencia da Venezuela polo xeneral español Tomás José Morales en 1814. Maturín foi refundada polos seus mesmos habitantes dous anos despois. No século XX produciuse un crecemento demográfico en Maturín como consecuencia da produción de petróleo nuns lugares próximos á Maturín.

Economía[editar | editar a fonte]

Maturín ten moitos comercios, bancos e poucas industrias manufactureiras. Pastor C.A. é unha industria de derivados lácteos. A cidade ten o Aeroporto Internacional José Tadeo Monagas.

Centros de ensino[editar | editar a fonte]

O Liceo Miguel José Sanz é o liceo máis antigo de Maturín. Foi construído a partir de 1951. Outros centros de ensino destacables son o Liceo Francisco Isnardi (fundado no ano 1959) e a Escola República del Uruguay. Maturín ten estas universidades e institucións universitarias públicas:

  • Universidade de Oriente, Núcleo Monagas (UDO-Monagas).
  • Universidade Bolivariana da Venezuela (UBV).
  • Universidade Pedagógica Experimenta Libertador-Instituto Pedagógico de Maturín (UPEL-IPM).
  • Universidade Nacional Aberta (UNA).
  • Universidade Nacional Experimental Simón Rodríguez (UNESR).

As universidades e as institucións universitarias privadas son:

  • Universidade Gran Mariscal de Ayacucho (UGMA).
  • Universidade Cecilio Acosta (UNICA).
  • Universidade de Margarita (UNIMAR).
  • Universidade Santa María (USM).
  • Instituto Politécnico Santiago Mariño (IUPSM).
  • Instituto Universitario de Tecnología Industrial Rodolfo Loero Arismendi (IUTIRLA).
  • Instituto Universitario de Tecnología Venezuela (IUTV).

Lugares de interese:[editar | editar a fonte]

A Praza Bolívar é a praza máis antiga de Maturín. Situada fronte á praza está o Palacio do Goberno (terminado en 1949).

A Igrexa de San Simón é a máis antiga de Maturín. Foi construída entre o 1884 e o 1887. Está situada fronte á Praza Bolívar.

Nuestra Señora del Carmen (situada na Avenida Bolívar) é unha catedral románica.

Amana de Tamarindo é unha aldea (próxima á Maturín) onde naceu o xeneral José Tadeo Monagas, heroe da independencia e presidente da Venezuela.

Parques[editar | editar a fonte]

La Guaricha (situado na Avenida Raúl Leoni) é o parque zoolóxico de Maturín. Outros parques son: o Parque Menca de Leoni (situado na Avenida Juncal), o Parque Andrés Eloy Blanco, o Parque Padilla Ron (situado no barrio Las Cocuizas), o Parque Rómulo Betancourt (situado na Avenida Universidade), o Parque dos Guaritos (situado no barrio Los Guaritos).

Museos, teatros[editar | editar a fonte]

O Complexo Cultural de Maturín ten a Escola de Arte Eloy Palacios. Está previsto a próxima construción do Museo de Arte Contemporánea Mateo Manaure e un teatro.

A Casa da Cultura é un teatro situado na Avenida Bolívar.

O Museo Etnográfico de Maturín é un museo sobre as tradicións e artes dos pobos indíxenas do Estado Monagas.

Outros lugares de interese son a Galería de Arte (situada na Avenida Bolívar) e o Muses da Radio (situado na rúa Monagas).

Deporte[editar | editar a fonte]

O Complexo Deportivo de Maturín é un lugar que ten moitas instalacións para os deportes. Está situado na Avenida Raúl Leoni.

Monagas Sport Club, creado en 1988, é o club de fútbol de Maturín. Gatos de Monagas é o equipo de baloncesto da cidade.

Alcaldes de Maturín[editar | editar a fonte]

  • Ing. María Elena de Cañizales (1990-1992) partido: Acción Democrática.
  • Dr. José Enrique López Tablero (1993-1995) partidos: COPEI, MAS.
  • Zoot. Domingo Urbina Simoza (1996-2000), (2000-2004) partido: Acción Democrática.
  • Prof. Numa Rojas (2004-) partido: Movimiento Quinta República.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]