Saltar ao contido

Mathieu Kérékou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMathieu Kérékou

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Kouarfa, Benín (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de outubro de 2015 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Cotonou, Benín Editar o valor en Wikidata
President of the Republic of Benin (en) Traducir
4 de abril de 1996 – 5 de abril de 2006
← Nicéphore Soglo (en) TraducirThomas Yayi Boni →
President of the Republic of Benin (en) Traducir
4 de abril de 1980 – 4 de abril de 1991 – Nicéphore Soglo (en) Traducir →
Presidente República Popular do Benim (pt) Traducir
30 de novembro de 1975 – 4 de abril de 1980
President of Dahomey (en) Traducir
26 de outubro de 1972 – 30 de novembro de 1975
← Justin Ahomadégbé-Tomêtin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónEvanxelización Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, estadista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Revolucionário do Benim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarxeneral de brigada
soldado Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarguerite Kérékou
Béatrice Lakoussan Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Africa: An Encyclopedic Reference (en) Traducir, (vol:1) Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 153713918 Editar o valor en Wikidata


Mathieu Kérékou, nado en Kouarfa o 2 de setembro de 1933[1] e finado en Cotonou o 14 de outubro de 2015[2], foi un militar e político beninés, que foi Presidente de Benín entre o 26 de outubro de 1972 e o 4 de abril de 1991 e de novo dende o 4 de abril de 1996 até o 2006.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou en escolas militares de Malí e o Senegal. Serviu no exército de Benín trala súa independencia (1960). Foi axudante de campo (1963) do presidente Hubert Maga, presidente do Consello Revolucionario das Forzas Armadas, cando o seu curmán, Maurice Kouandété levou a cabo un golpe militar en 1968. Comandante da unidade militar de Ouidah e xefe de persoal do exército de Dahomey.

En abril de 1972, tomou o poder por medio dun golpe militar que rematou co triunvirato gobernante no período de Justin Ahomadégbé-Tomêtin. En 1974, adoptou o marxismo-leninismo e o país pasou a chamarse "República Popular de Benín", prohibiu os partidos políticos e declarouse ditador.

En 1980, foi elixido presidente pola Asemblea Nacional Revolucionaria, e retirouse do exército en 1987. Así como o resto da África militarizada, en 1990 iniciou unha transición cara á democracia que Kerekou permitiu. En 1991, neste proceso de apertura democrática, perdeu as eleccións abertas cun 32 %, fronte ó economista Nicéphore Soglo (68 %). Tralo abandono do poder, pediu desculpas por “tódolos lamentables e deplorables incidentes” que se produciron no seu goberno.

Nas eleccións de 1996, volveu presentarse á presidencia, derrotando a Soglo cun 52,5 % na segunda rolda electoral. Reelixido en 2001 en circunstancias controvertidas, acusado de fraude electoral non houbo participación dos outros dous candidatos (Soglo e Adrien Houngbédji) na segunda volta electoral. Estabeleceu unha economía liberal, Benín participou en misións internacionais de paz. Reformou a Constitución en 2005, e convocou eleccións, mais fracasou no seu intento dun terceiro período, sendo vencido por Yayi Boni.

  1. "Après 29 ans de pouvoir, le Président Kérékou tire sa révérence" (en francés). IRIN. 6 de abril de 2006. Consultado o 15 de outubro de 2015. après plus de 29 ans de pouvoir. Né le 2 septembre 1933 à Kouarfa dans le département de l'Atacora, dans le nord-ouest du Bénin, le Mathieu Kérékou a été pensionnaire des écoles des enfants 
  2. "Bénin : Mathieu Kérékou n’est plus" (en francés). lanouvelletribune. 14 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]