Mateo Torres Bestard
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 ![]() Palma, España ![]() |
Morte | 6 de agosto de 1969 ![]() |
Gobernador civil de Tarragona | |
1 de abril de 1939 – 30 de decembro de 1939 ← Antonio Iturmendi – Angel Bernardo Sanz Nougues (en) ![]() | |
![]() | |
22 de setembro de 1937 – 1 de abril de 1939 – Manuel Gómez Cantos → | |
Gobernador civil de Baleares | |
18 de outubro de 1936 – 22 de setembro de 1937 ← José Rubí Rubí (en) ![]() ![]() ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, militar ![]() |
Mateo Torres Bestard, nado en Palma en 1891 e finado na mesma cidade o 6 de agosto de 1969, foi un militar e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou na Academia de Infantaría en 1907. Ascendeu a capitán en 1917 e participou na campaña de Marrocos. Regresou a Mallorca en 1927 e obtivo a graduación de comandante en 1930. Foi axudante do xeneral Francisco Franco cando foi comandante militar das Baleares (1933). Presidiu a Xunta Divisionaria que preparou en Mallorca o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e foi nomenado xefe do Centro de Mobilitzación. Cando se iniciou a Guerra Civil foi xefe provincial de milicias e gobernador civil das Baleares (outubro de 1936 a maio de 1937). Logo foi trasladado a Sevilla. En maio de 1937 foi nomeado primeiro delegado nacional de organizacións xuvenís en Salamanca. O 14 de setembro dese ano foi nomeado gobernador civil de Pontevedra.[1] Permaneceu no cargo até marzo de 1939. Coa graduación de coronel, foi xuíz eventual das Baleares (1943-1953). Finou en Palma o 6 de agosto de 1969.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Margarita Palou y Coll, que finou en agosto de 1969.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- José Luis Garrot Garrot (17/3/2025). "Los verdugos de Franco en la Guerra Civil. Los verdugos de Galicia". Revista Asamblea Digital (en castelán).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Mateu Torres Bestard" Gran Enciclopèdia de Mallorca (en catalán).