Massey Ferguson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da empresa.

Massey Ferguson Limited é unha empresa multinacional dedicada á fabricación de equipos para a agricultura. Formouse da fusión entre a canadense Massey Harris e a norteirlandesa Ferguson Tractor Company en 1953. Logo dunha serie de dificultades financeiras, a compañía declarouse en quebra na década de 1990. Hoxe a compañía existe como unha marca comercial, utilizada por AGCO Corporation e é unha das principais marcas en maquinaria agrícola.

Historia[editar | editar a fonte]

Tractor Wallis de 1928. A compañía Wallis fora comprada por M-H o ano anterior.

Massey Manufacturing Co.[editar | editar a fonte]

A empresa foi fundada en 1847 en Newcastle, Ontario por Daniel Massey como a Newcastle Foundry and Machine Manufactory. Comezou fabricando algunhas das primeiras colleitadoras mecánicas do mundo, primeiro ensamblando partes provenientes dos Estados Unidos e eventualmente deseñando e fabricando os seus propios equipos. A firma foi expandida por Hart Almerrin Massey quen a renombrou como Massey Manufacturing Co. e en 1879 mudouse a Toronto, onde prontamente converteuse nunha das principais empleadoras da cidade.[1] Tras unha progresiva expansión, Massey comezou a vender internacionalmente. A firma beneficiouse dos incentivos estatais para competir contra os produtos estadounidenses.

Massey-Harris Co.[editar | editar a fonte]

Un Massey-Harris de 1948 restaurado. Modelo inmediatamente anterior á fusión con Ferguson.

En 1891, Massey fusionouse coa A. Harris, Son & Co. Ltd. para devir na Massey-Harris Co.,[2] e converteuse na maior fabricante de equipos agrícolas do imperio británico. En 1910, a compañía adquiriu a empresa Johnston Harvester Company de Batavia (Nova York) e converteuse nunha das primeiras multinacionais do Canadá.[2] En 1927 Massey-Harrys comprou a norteamericana Wallis, e continuou fabricando tractores co nome de Wallis, pero introducindo pequenas melloras. Na década de 1930, introduciu a primeira cosechadora autopropulsada. Massey Harris tamén produciu un dos primeiros tractores de tracción integral. Os fillos de Hart Massey, Charles, Chester, Walter, e Fred implicáronse no negocio, pero foron a última xeración da familia Massey en dirixir a compañía. Outros membros da familia dedicáronse a outros mesteres: por exemplo, Vincent Massey foi gobernador xeral do Canadá e Raymond Massey foi un actor de renome nos Estados Unidos.

Massey-Harris-Ferguson Co.[editar | editar a fonte]

En 1953, a compañía fusionouse coa Ferguson Company e chámase "Massey-Harris-Ferguson", antes de adoptar finalmente o seu nome actual en 1958.[2] Pero rapidamente comezan os seus declives financeiros por mor dunha maior competencia internacional, e unha menor transcendencia dos agro negocios na economía mundial.[3]

En 1959, Massey compra o 100% da empresa Landini, de orixe italiana. Landini fixo moitos modelos para a Massey, en especial os modelos viñateros e crawlers. Massey vendeu o 66% a ARGO SPA en 1989, e o resto á AGCO en 2000. ARGO e AGCO traballan e colabóranse mutuamente na actualidade, sendo Massey Ferguson unha marca AGCO.[4]

En 1966, Massey adquiriu o 32% do a Española Ebro, ou Motor Ibérica. Ebro producira anteriormente os tractores para a Ford baixo licenza, pero agora comezou a producir modelos para a Massey baixo licenza. Massey logo vendeu as súas accións á Nissan nos anos 80.[5]

A principios de 1969, Massey Ferguson comezou a produción de móbiles para a neve co nome "Ski Whiz", pero só até 1977, cando declinaron as vendas.

En 1971, comprou as operacións mundiais da alemá Rheinstahl Hanomag, ingresando en moitos mercados onde facía moito tempo que non ofrecía os seus produtos ou non estaba presente, como o caso da Arxentina (onde se fai cargo da filial local de Hanomag, a Rheinstal Hanonag-Cura) substituíndo en 1972 por completo a gama de tractores Hanomag pola de Massey Ferguson.[6]

En 1973, Massey comprou a alemá Eicher, basicamente para a viñatería.

Massey Ferguson MF 3660 de principios dos 1990.
Massey Ferguson 8740

En 1981, Black acordou un rescate para a colapsada compañía e vendeuna ao grupo investidor Varity Corporation. A mediados de 1980, Varity vendeu unidades de produción deficitarias, algunhas delas adquiridas por Case Corporation en 1997.[7]

A pesar de todo, neste tempo Massey Ferguson estaba a vender un 25% máis de tractores que os seus competidores máis próximos. En 1994, a división de Varity foi comprada pola estadounidense AGCO Corporation, continuadora das liñas coa marca Massey-Ferguson. En agosto de 1996, Varity fusionouse con Lucas Automotive para formar LucasVarity.[8]

Moderno Massey Ferguson da primeira década do século XXI. Modelo MF 6490.

Despois dunha serie de fusións e compras, o resto de LucasVarity foi comprado pola estadounidense TRW.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martin, Joseph E. (2017). "Titans" 97 (5): 47–53. ISSN 1920-9894. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Newman 1982, p. 146.
  3. Per MCC Employee
  4. "Video Interview: Jackson Manufacturing Expansion - AGCO Blog". blog.agcocorp.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2014. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  5. FOMCC. "Ford Iberica - Ebro". fomcc.de. 
  6. Newman 1982, pp. 150–1
  7. "Construction - Terex Corporation". fermec.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2006. Consultado o 2019-10-03. 
  8. Two automotive part makers agree to merge

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]