María Victoria Domínguez
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1962 (62 anos) Valdeobispo, España (pt) |
Deputada de España | |
13 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Cáceres (en) | |
Deputada da Asemblea de Estremadura | |
23 de xuño de 2015 – Lexislatura: 9th legislature of the Assembly of Extremadura (en) Circunscrición electoral: Cáceres (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, avogada |
Partido político | Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía |
María Victoria Domínguez Paredes, nada en Valdeobispo en 1962, é unha política estremeña, deputada de Cidadáns na Asemblea de Estremadura.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licencenciouse en dereito na Universidade de Salamanca.[1]
Desenvolveu a súa carreira profesional como avogada en Plasencia, con despacho propio que abriu en 1997. Amais exerceu como xuíza en diversas localidades, entre elas Mondoñedo, e entre 1995 e 1997 foi fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Estremadura.
Tamén é profesora titora de dereito do traballo do centro que a UNED ten en Plasencia.[2]
Política
[editar | editar a fonte]Principiou a súa carreira política na década dos 90 no Partido Popular, formación coa que logrou ser concelleira en Plasencia entre 2003 e 2007.
En 2007 abandonou a formación popular e foi unha das fundadoras de Unión del Pueblo Extremeño (UPEx), e co novo partido entrou de novo na corporación municipal en 2011. En novembro de 2014, UPEx disolveuse para integrarse en Cidadáns.[3] e Domínguez converteuse en militante do partido de Albert Rivera, gañando en marzo de 2015 as primarias para ser a candidata á presidencia de Estremadura[4]. Tras as eleccións do 24 de maio, Domínguez logrou a acta converténdose en deputada da Asemblea de Estremadura, onde é voceira do grupo mixto e secretaria terceira da mesa da Asemblea, amais de presidenta da comisión non permanente de estudo sobre a reforma do Estatuto de Autonomía de Estremadura.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha de Victoria Domínguez na páxina web de Ciudadanos na Asemblea de Extremadura
- ↑ Perfil de Victoria Domínguez en El Correo de Extremadura
- ↑ "Upex se integra en Ciudadanos de cara a las próximas elecciones" Hoy.es, 14 de novembro de 2014
- ↑ "Victoria Domínguez, concejal en Plasencia, candidata de Ciudadanos a la Junta de Extremadura" Eldiario.es, 5 de abril de 2015
- ↑ Ficha de Victoria Domínguez na páxina web da Asemblea de Extremadura
- Nados en 1962
- Políticos de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía
- Nados en Valdeobispo
- Avogados de España
- Xuíces de España
- Fiscais
- Concelleiros de España
- Deputados da Asemblea de Estremadura
- Políticos do PP
- Alumnos da Universidade de Salamanca
- Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)