Saltar ao contido

María Soledad Iparraguirre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Soledad Iparraguirre
Biografía
Nacemento(es) María Soledad Iparraguirre Guenechea Editar o valor en Wikidata
25 de abril de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Eskoriatza, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAnboto
Marisol (–1994)
Marixol Editar o valor en Wikidata
Actividade
Membro de
Familia
ParellaMikel Antza Editar o valor en Wikidata
PaiXanti Iparragirre Editar o valor en Wikidata

María Soledad Iparraguirre Guenechea, alias Anboto e Marisol, nada en Eskoriatza, Guipúscoa en 1961, é unha dirixente e membro da banda terrorista ETA, detida preto de Pau (Francia) en 2004 xunto ao seu compañeiro sentimental e cerebro da banda Mikel Antza na casa que ocupaban dende xuño de 1999 en Salies de Béarn.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anboto, filla dun membro de ETA, xa de moza cooperaba co comando Araba prestando a vivenda familiar para acoller membros da organización ou agochar explosivos. Cando a familia foi detida nunha operación policial en 1981, fuxiu a Francia. Regresou en 1985 para, xunto con Kantauri, integrar o comando Araba até 1987 e, dende 1992, o comando Madrid. Foi a segunda muller que se atopaba na dirección de ETA, tras Dolores González Katarain, Yoyes, asasinada pola propia ETA na década de 1980. Está acusada en España de 14 asasinatos. Foi xefa dos chamados comandos legais de ETA de 1992 a 1998. Como xefa de administración de ETA dirixía as operacións de cobro, xestión e distribución do imposto revolucionario.[1][2]

Tras a detención en 2004, o xuízo en Francia contra Soledad Iparraguirre e outro oito procesados iniciouse no Tribunal do Criminal de París, en novembro de 2010, acusada de ser a xefa de administración de ETA ó tempo da súa detención, polo que o fiscal solicitou 30 anos de prisión.[3][4] Foi condenada a 20 anos de prisión, a mesma pena que a Mikel Antza o 17 de decembro de 2010.[2]