María Pose
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Galicia, España |
Alcaldesa de Santa Comba | |
2021 – 2023 – Alberto Romar Landeira → | |
Alcaldesa de Santa Comba | |
2016 – 2019 ← José Antonio Ucha | |
Alcaldesa de Santa Comba | |
2014 – 2015 ← Antonio Landeira – José Antonio Ucha → | |
Actividade | |
Ocupación | política, farmacéutica |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
María Josefa Pose Rodríguez é unha farmacéutica e política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dona dunha farmacia en Traba (Xallas de Castriz). Nas eleccións municipais de 2011 foi elixida concelleira de Santa Comba polo PPdeG e primeira tenente de alcalde. En novembro de 2014 dimitiu o alcalde Antonio Landeira[1] e Pose é elixida alcaldesa, mantendo así a alcaldía o PP cos votos a favor de Independientes por Santa Comba[2]. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG e foi superada polo PSdeG-PSOE, o cal logrou alcaldía e formou goberno con Terra Galega. Trala ruptura do pacto en novembro de 2015, en maio de 2016 o Partido Popular e Terra Galega presentaron unha moción de censura ao alcalde socialista José Antonio Ucha Velo trala cal recuperou a alcaldía[3].
Nas municipais de 2019 conseguiu sela máis votada, pero perdeu a alcaldía dado o pacto entre Compromiso por Galicia e o PSdeG-PSOE. Trala ruptura deste acordo de goberno, recuperou a alcladía mediante unha moción de censura en xuño de 2021, a cal contou co apoio do exalcalde socialista Ucha Velo e outra concelleira socialista, os cales foron expulsados da súa formación. Nas municipais de 2023 perdeu a alcaldía tras lograr o PSdeG a maioría absoluta.
Predecesor: Antonio Landeira Gallardo |
Alcaldesa de Santa Comba 2014 - 2015 |
Sucesor: José Antonio Ucha Velo |
Predecesor: José Antonio Ucha Velo |
Alcaldesa de Santa Comba 2016 - 2019 |
Sucesor: David Barbeira García |
Predecesor: David Barbeira García |
Alcaldesa de Santa Comba 2021 - 2023 |
Sucesor: Alberto Romar Landeira |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El alcalde de Santa Comba dimite y alega “motivos personales” El País, 08/11/2014 (en castelán).
- ↑ María Pose convértese na primeira alcaldesa xalleira La Voz de Galicia, 28/11/2014.
- ↑ A popular María José Pose é a nova alcaldesa de Santa Comba CRTVG, 26/05/2016.