María Coro Clavero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 (112/113 anos) Donostia, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | odontóloga |
María Coro Clavero Maestre, nada en Donostia en 1911, foi unha odontóloga española exiliada en México. [1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato en Tarragona, como as súas irmás Ascensión e Dolores.[2] Posteriormente, estudou Medicina primeiro na Universidade de Zaragoza (cursos 1925-27), despois en Santiago (1927-28), en Madrid (1928) e de novo Santiago (1930-1932). Obtivo a titulación de Odontoloxía pola Universidade Central de Madrid con matrícula de Honra.[1]
Casou en 1933 cun diplomático co que tería dous fillos. Durante a Guerra Civil foi militante da FUE (Federación Universitaria Escolar). Despois da guerra tivo que marchar ao exilio en Francia, cando tiña 29 anos de idade. Desde Francia pasou á República Dominicana tal e como aparece reflectido na lista de pasaxeiros do Flandre, barco que a levaría a ela e aos seus dous fillos dende Saint Nazaire a Santo Domingo (7 de novembro de 1939) e de alí a México, chegando a Veracruz o 13 de xaneiro de 1940.[2] Recibiu as axudas da Junta de Ayuda a los Republicanos Españoles (JARE)[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Persona - Clavero Maestre, María del Coro (1911-?)". PARES. Consultado o 2021-06-29.
- ↑ 2,0 2,1 Pintos (2016)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela
- Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Irene Álvarez Veras
- Ruth Selbmann Kummer
- Josefina Areses
- Alicia Fernández Calvete