María Coro Clavero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Coro Clavero
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata (112/113 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónodontóloga Editar o valor em Wikidata

María Coro Clavero Maestre, nada en Donostia en 1911, foi unha odontóloga española exiliada en México. [1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Tarragona, como as súas irmás Ascensión e Dolores.[2] Posteriormente, estudou Medicina primeiro na Universidade de Zaragoza (cursos 1925-27), despois en Santiago (1927-28), en Madrid (1928) e de novo Santiago (1930-1932). Obtivo a titulación de Odontoloxía pola Universidade Central de Madrid con matrícula de Honra.[1]

Casou en 1933 cun diplomático co que tería dous fillos. Durante a Guerra Civil foi militante da FUE (Federación Universitaria Escolar). Despois da guerra tivo que marchar ao exilio en Francia, cando tiña 29 anos de idade. Desde Francia pasou á República Dominicana tal e como aparece reflectido na lista de pasaxeiros do Flandre, barco que a levaría a ela e aos seus dous fillos dende Saint Nazaire a Santo Domingo (7 de novembro de 1939) e de alí a México, chegando a Veracruz o 13 de xaneiro de 1940.[2] Recibiu as axudas da Junta de Ayuda a los Republicanos Españoles (JARE)[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Persona - Clavero Maestre, María del Coro (1911-?)". PARES. Consultado o 2021-06-29. 
  2. 2,0 2,1 Pintos (2016)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela
  • Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.

Outros artigos[editar | editar a fonte]