Saltar ao contido

Marta Giráldez Barral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarta Giráldez Barral
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Paradela, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Meis
2019 –
← José Luis Pérez Estévez Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata

Marta Giráldez Barral, nada en Paradela (Meis) en 1977, é unha política e avogada galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dirixe un bufete de avogados en Caldas de Reis. En 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE ao concello de Meis pasando de 1 a 3 concelleiros e sendo a segunda forza máis votada, se ben non conseguiu acabar coa maioría absoluta do PPdeG. En 2011 repetiu os resultados de catro anos antes, e en 2015 conseguiu un novo avance ao pasar de 3 a 5 concelleiros, quedando o PPdeG con 7 á beira de perder a maioría absoluta tras un polémico reconto na mesa da Armenteira, sen cuxos resultados os populares terían complicado revalidar a maioría.[2]

Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura socialista, conseguindo empatar a 5 concelleiros co PPdeG fronte a 1 do BNG, co que os populares perderon nesta ocasión a maioría absoluta. Desta forma, foi elixida alcaldesa ao contar co apoio do BNG na investidura, se ben non se constituíu un goberno de coalición entre ambas as forzas, gobernando os socialistas en minoría. En decembro de 2019 asumiu a presidencia da Mancomunidade do Salnés.[3] Nas municipais de 2023 foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta.

  1. Costa, Bea (14 de xuño de 2019). "Marta Giráldez compatibilizará la alcaldía de Meis con su trabajo de abogada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2024. 
  2. Romero, Marta (28 de maio de 2015). "La impugnación del PSOE de una mesa electoral acaba en el juzgado". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2024. 
  3. Doval, Diego (17 de decembro de 2019). "La socialista Marta Giráldez sortea el veto del PP y asume las riendas de la Mancomunidade". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Luis Pérez Estévez
 
Alcaldesa de Meis
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo