Marta Gil González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarta Gil González
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoceanógrafa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Marta Gil González, nada en Lalín en 1986, é unha oceanógrafa galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Investigadora do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, licenciada en Ciencias do Mar e doutora en Taxonomía. No 2017 publica na revista Zootaxa, con Fran Ramil, a descuberta de catro novas especies de hidrozoos como un dos resultados da colaboración dentro do proxecto EcoAfrik de estudo da fauna bentónica de augas profundas nas costas de África.

A científica lalinense descubriu catro especies do xénero Diphasia: Diphasia anaramosae, Diphasia saharica, Diphasia africana e Diphasia leonisae, chamada así en homenaxe a súa avoa Leonisa[1][2][3]. As descubertas foron froito dos datos recollidos en once campañas oceanográficas realizadas no noroeste de África, dende o estreito de Xibraltar ata a fronteira sur de Guinea-Conakry, entre os anos 2004 ao 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. DUVI, UVIGO (2018). ""Unha nova especie de hidrozoo para a avoa Leonisa"". Ecimat, UVIGO (22 Xaneiro 2018). 
  2. "Unha científica galega pon o nome da súa avoa a unha nova especie de hidrozoo". Galicia Confidencial. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  3. "Marta Gil González: "Me pareció un bonito detalle dedicarle el nombre de un hidrozoo a mi abuela"". Faro de Vigo. Consultado o 18 de marzo de 2018.