Marta Fernández Currás
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política , economista |
Partido político | Partido Popular |
Lingua | Lingua castelá |
Marta Fernández Currás, nada en Vigo en 1963, é unha política galega do PPdG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, inspectora de Facenda e interventora do Estado. Impartiu clases na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela. Foi así mesmo delegada do Instituto de Estudos fiscais en Galiza, dependente do Ministerio de Economía de España.
En abril de 2009 foi designada para ocupar o cargo de conselleira de Facenda na Xunta de Galiza que preside Alberto Núñez Feijóo. O 30 de decembro de 2011 foi nomeada Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos de España polo consello de ministros do goberno de Mariano Rajoy.[1]
Predecesor: Xosé Ramón Fernández Antonio |
conselleira de Facenda 2009-2011 |
Sucesor: Elena Muñoz |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Real Decreto 1949/2011, de 30 de decembro, polo que se nomea Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos Dª Marta Fernández Currás". BOE. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.