Saltar ao contido

Marta Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHonorábel Editar o valor en Wikidata
Marta Cid

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Marta Cid i Pañella Editar o valor en Wikidata
29 de xullo de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Amposta, España Editar o valor en Wikidata
Minister of Education of Catalonia (en) Traducir
27 de xaneiro de 2004 – 11 de maio de 2006
← Josep Bargalló i VallsJoan Manuel del Pozo (en) Traducir →
Deputada do Parlamento de Cataluña
21 de novembro de 2003 – 31 de marzo de 2004
← Jordi Castells i Guasch (en) Traducir
Senadora de España
12 de marzo de 2000 – 17 de novembro de 2003 – Josep Andreu Domingo (pt) Traducir →
Circunscrición electoral: Tarragona (en) Traducir
Conselleiro da Generalitat de Cataluña
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, psicóloga Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya Editar o valor en Wikidata

Marta Cid i Pañella, nada en Amposta o 29 de xullo de 1960, é unha política catalá membro de Esquerra Republicana de Catalunya e deputada no Parlamento de Cataluña pola circunscrición de Tarragona. Foi Conselleira de Educación da Generalitat de Cataluña dende febreiro de 2004 até maio de 2006. Dende abril de 2007 é responsable da Secretaría de Acción Política da Federación do Ebro, Membro da Comisión Permanente de Esquerra, deputada no Parlamento de Cataluña e candidata á alcaldía de Amposta.

Traxectoria persoal

[editar | editar a fonte]

Marta Cid é licenciada en Psicoloxía, diplomada en Maxisterio e posgraduada en Logopedia pola Universidade de Barcelona. Foi profesora de EXB entre 1982 e 1987 e psicóloga e logopeda da Escola de Educación Especial e Taller Ocupacional de Amposta (APASA) de 1987 a 2000. É coautora do libro PHN: la raó d'Estat contra l'Ebre i la Terra.[1][2]

Marta Cid practicou o balonmán até o ano 1984[1] e foi fundadora do Club Handbol Amposta Atlètic. Foi membro fundador da Coordinadora Antitransvasaments (Coordinadora Antitrasvase) e colaboradora en diversas entidades e asociacións culturais de Amposta.[3]

  1. 1,0 1,1 Una maestra al frente de Ensenyament El Mundo, 21 de febrero de 2004
  2. Autores varios. PHN: la raó d’Estat contra l’Ebre i la terra Arola editors: 2003
  3. La VII assemblea de la PDE convoca los antitransvasistas en Vinaròs Arquivado 06 de outubro de 2007 en Wayback Machine. L'Ebre Digital, 23 de febrero de 2004