Martín Solar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martín Solar
Información persoal
Nome Martín Solar Ruiz
Nacemento 30 de xaneiro de 2000
Lugar de nacemento Santander
Altura 1,75 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Cultural Leonesa
Número 18
Carreira xuvenil
Racing de Santander
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2020 Rayo Cantabria 26 (6)
2020–2021 Racing de Santander 16 (2)
2021–2023 Recreativo Granada 70 (10)
2022 Granada 0 (0)
2023– Cultural Leonesa 17 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 18 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Martín Solar Ruiz, nado en Santander o 30 de xaneiro de 2000, é un futbolista español que xoga como centrocampista na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Racing de Santander e debutou co filial na Terceira División o 25 de agosto de 2019, nunha derrota por 1-3 ante o Siete Villas.[1] O 7 de xullo de 2020 debutou co primeiro equipo do Racing na Segunda División, substituíndo a Mario Ortiz na segunda metade dunha derrota por 0-1 ante o Fuenlabrada.[2] Para a tempada 2020/21 subiu definitivamente ao primeiro equipo, xa na Segunda División B.[3]

En agosto de 2021 fichou polo Recreativo Granada, da Segunda División RFEF, no que xogou durante dúas campañas.[4] No verán de 2023 asinou coa Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Rayo Cantabria termina derrotado en su estreno en Tercera División ante el Siete Villas" (en castelán). 25 de agosto de 2019. Consultado o 18 de xaneiro de 2024. 
  2. Gómez, Javier (07 de xullo de 2020). "El Fuenla se suma a la lucha por el 'playoff'". Marca (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2024. 
  3. "Marco Camus, Martín Solar, Íñigo Sainz- Maza, Álvaro Mantilla, Diego Ceballos y Pablo Torre promocionan al primer equipo" (en castelán). 21 de setembro de 2020. Consultado o 18 de xaneiro de 2024. 
  4. "El Recre Granada incorpora al mediocentro Martín Solar" (en castelán). 3 de agosto de 2021. Consultado o 18 de xaneiro de 2024. 
  5. "La Cultural y Deportiva Leonesa suma a Martín Solar" (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2024.