Saltar ao contido

Mars Climate Orbiter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mars Climate Orbiter
Representación de Mars Climate Orbiter en órbita marciana.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualDestruída contra o planeta.[1][2][3]
Data de lanzamento11 de decembro de 1998, 18:45 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorDelta 7425[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro espacial de Cabo Cañaveral, rampla 17A[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo de Marte.[1][2]
NSSDC ID1998-073A
Masa338,0 kg[1]
Potencia500,0 W[1]

Mars Climate Orbiter, tamén coñecida polo seu acrónimo MCO, foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 11 de decembro de 1998 mediante un foguete Delta 7425 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte. Ao chegar ao planeta perdeuse o contacto coa sonda.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Mars Climate Orbiter foi parte do proxecto Mars Surveyor '98, que consistía nun orbitador (Mars Surveyor '98 Orbiter, o propio Mars Climate Orbiter) e nun aterrizador (Mars Surveyor '98 Lander, logo coñecida como Mars Polar Lander). O proxecto pretendía estudar a meteoroloxía marciana e o ciclo da auga e do dióxido de carbono en Marte.[1][2][3] O seu prezo aproximouse ós 125 millóns de dólares.[7]

A estrutura principal tiña forma de caixa de 2,1 m x 1,6 m x 2,0 m albergando os equipos electrónicos e de propulsión. A masa na engalaxe da sonda era de 629 kg, dos cales 291 kg eran de propelente. A alimentación eléctrica era proporcionada por un panel solar de 11 m² de superficie e 5,5 m de longo. As comunicacións principais tiñan lugar grazas á antena de alta ganancia, formada por unha parabólica de 1,3 m de diámetro, ademais de por antenas para UHF coas que comunicarse coa Mars Polar Lander. O sistema de propulsión tiña un motor bipropelente de 640 N de impulso.[1][2][3]

Desenvolvemento da misión

[editar | editar a fonte]

O Mars Climate Orbiter lanzouse o 11 de decembro de 1998 ás 18:45:41 UTC mediante un Delta 7425 desde Cabo Cañaveral. A sonda voou ata Marte sen alteración ningunha, pero o 23 de decembro de 1999, no descenso ao planeta,[7] un erro de navegación que se orixinou por empregaren os aparellos subministrados pola empresa Lockheed Martin unidades de medida tradicionais dos Estados Unidos mentres que era o Sistema Internacional de Unidades o que utilizaba o software da NASA o que fixo que o achegamento ao planeta se fixera a unha altitude demasiado baixa, co que en lugar dunha aproximación a entre 140 e 150 km da superficie do planeta, MCO pasou a 57 km da superficie, destruíndose pola fricción coa atmosfera marciana.[1][2][3] Porén, non está claro que o resultado final fora outro, como o afastamento do planeta ó achegarse tanto ó mesmo.[7]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (1 de xullo de 2013). "Mars Climate Orbiter" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2011). "MCO" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Mars Climate Orbiter (MCO)" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2013. 
  4. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MARS CLIMATE ORBITER" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2013. 
  5. "Note verbale dated 17 June 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-86422). 21 de xullo de 1999: 3. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  6. Claude Lafleur (2010). "MCO / Mars Climate Orbiter" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2013. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Rus, Cristian (2021-01-29). "El día que la NASA estrelló una sonda en Marte porque alguien se olvidó de usar el sistema métrico". Xataka (en castelán). Consultado o 2021-02-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]