Mario Obrero
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2003 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta ![]() |
Mario García Obrero, coñecido como Mario Obrero, nado en Madrid en 2003, é un poeta español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou a escribir aos 7 anos e en 2019 era alumno de Humanidades no instituto público La Senda de Xetafe.
Os poemas de Peachtree City foron escritos entre Atlanta e Xetafe. Antonio Lucas destaca o desconcerto, a celebración, a ironía, a paisaxe transcendida e unha absoluta liberdade para facer un acontecemento, unha harmonía e unha festa de imaxes.[1] En Suena la «Sonata Gallega» en un centro comercial de Atlanta:[1]
...
toda esta luz el sabor a nueces de los escaparates la
suciedad dormida bajo la uña de una cajera las cajas
de fresas mohosas poco tienen que ver con la arela
arela es una palabra gallega que significa o desexo moi
forte dunha cousa
...
En Cerezas sobre la muerte (2022) mestura a poética verbal coa poética plástica a través de ilustracións e, nese espírito asambleario, as cereixas son un espazo polígloto onde conviven sen tradución nin cursiva voces en éuskaro, asturiano, castelán, catalán e galego.[2] No libro recóllese a experiencia da participación na Ruta al exilio promovida polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, na que varios mozos percorreron os camiños que serviron como fuxida aos exiliados na Guerra civil do 36. No libro dise en galego:[3]
Cereixas sobre a morte é o ronsel políglota dese lugar memoriado onde rexorden de entre o silencio os froitos da esperanza

Tamén colaborou en Radio Nacional.[4] En 2022 empezou a conducir Un país para leerlo na segunda cadea de TVE.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- Carpintería de armónicos (2018). Ayuntamiento de San Sebastián de los Reyes. 60 páxs. ISBN 978-84-19731-05-0. En 2021: Universidad Popular José Hierro. ISBN 978-84-16731-05-3.[6]
- Ese ruido ya pájaro (2019). Ediciones Entricíclopes. 102 páxs. ISBN 978-8494873836.
- Peachtree City (2021). Visor Libros, Col. Visor de Poesía. 80 páxs. ISBN 978-84-9895-427-2.
- Cerezas sobre la muerte (2022). La Vella Varsovia. 48 páxs. ISBN 978-84-121693-4-8.
- Tiempos mágicos (2024). La Vella Varsovia. 80 páxs.[7] ISBN 978-84-339229-4-6.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2018: XIV Premio de Poesía Joven Félix Grande por Carpintería de armónicos.
- 2021: XXXIII Premio Loewe a la Creación Joven por Peachtree City.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Lucas, Antonio (2021-04-05). "Poemas de Mario Obrero". Zenda (en castelán). Consultado o 2022-03-10.
- ↑ Obrero, Mario (2022-02-15). "Cerezas sobre la muerte". lamarea.com (en castelán). Consultado o 2022-03-10.
- ↑ Rozas, Ramón (12 de marzo de 2022). "Cereixas da dignidade". Diario de Pontevedra/ ReviSta!: 8.
- ↑ "Un poeta en París con Mario Obrero 16/09/21". RTVE.es (en castelán). 2021-09-17. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "Mario Obrero presenta 'Un país para leerlo'". RTVE.es (en castelán). 2022-10-20. Consultado o 2022-11-18.
- ↑ jacardet (2018-04-16). "Los armónicos de Mario García Obrero". La senda literaria (en castelán). Consultado o 2022-03-10.
- ↑ "Tiempos mágicos - La Bella Varsovia". www.labellavarsovia.com (en castelán). 2024-02-29. Consultado o 2024-03-14.
- ↑ "Mario Obrero, lo cotidiano hecho original". El Español (en castelán). 2021-06-15. Consultado o 2022-03-10.