Mario Kart 8
Mario Kart 8 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Nintendo EAD[1] |
Distribuidora(s) | Nintendo |
Director(es) | Kosuke Yabuki |
Produtor(es) | Hideki Konno Yasuyuki Oyagi |
Artista(s) | Masaaki Ishikawa |
Compositor(es) | Shiho Fujii Atsuko Asahi Ryo Nagamatsu Yasuaki Iwata |
Lanzamento | Wii U: 29 de maio de 2014 Nintendo Switch: 28 de abril de 2017 |
Xénero | Carreiras |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Wii U Nintendo Switch |
Serie | Mario Kart |
Na rede | |
http://mariokart8.nintendo.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mario Kart 8 (en xaponés: マリオカート8; Mario Kāto Eito) é un videoxogo de carreiras desenvolvido e publicado por Nintendo, e estreado orixinalmente para a consola Wii U en maio de 2014. Conta coas mecánicas e modo de xogo da serie Mario Kart, onde os xogadores controlan personaxes da franquía Mario nunha carreira de karts, recollendo obxectos para obstaculizar adversarios ou obter vantaxes na carreira. Mario Kart 8 introduce a condución antigravidade en paredes e teitos, e permite que os xogadores choquen entre eles para obter un pequeno pulo. Ten modo de un xogador e multixogador, incluíndo a posibilidade de conectarse en liña a través de Nintendo Network.
Mario Kart 8 foi un éxito comercial e da crítica. Os críticos eloxiaron as súas novas incorporacións, pistas, gráficos, xogo e banda sonora orquestrada, mais criticaron o seu modo de batalla limitado. É o xogo de Wii U máis vendido, con máis de oito millóns de copias vendidas en todo o mundo. Nintendo continuou lanzando parches e contido descargable, incluídos personaxes, vehículos e pistas adicionais, e soporte para as figuras Amiibo de Nintendo.
Mario Kart 8 Deluxe (マリオカート8 デラックス Mario Kāto Eito Derakkusu?), unha versión mellorada do videoxogo para a consola Nintendo Switch, foi lanzada en abril de 2017. Tamén foi un éxito comercial e da crítica, e os críticos enxalzaron a expansión do modo batalla, e converteuse no xogo de Switch máis vendido. Ámbalas dúas versións venderon un total combinado de máis de 53 millóns de copias, o que o converte nun dos videoxogos máis vendidos de todos os tempos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunto co traballo adicional de Bandai Namco Studios
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)