Marine Stewardship Council
O Marine Stewardship Council (MSC) é unha organización mundial independente sen ánimo de lucro encargada de establecer un estándar para a pesca sustentábel, xestionando un programa de certificación e ecoetiquetado para a pesca salvaxe.
Fundación, sede, dirixentes e empregados
[editar | editar a fonte]A organizaión fundouse en 1997 en Londres, Reino Unido, cidade na que ten a súa sede, en Marine House, 1 Snow Hill.
Na actualidade (2020) o seu Presidente executivo (CEO) é Rupert Howes, e o Presidente da Xunta Directiva é Will Martin.
Conta cuns 120 epregados.[1]
Misións e funcionamento
[editar | editar a fonte]A MSC xestiona un programa de certificación e ecoetiquetado para a pesca salvaxe. As pescarías que desexen demostrar que están ben xestionadas e son sustentábeis son avaliadas por un equipo de expertos (independientes da pescaría e independientes do MSC) con respecto á base científica do estándar MSC, sendo un proceso público e participativo de todas as partes interesadas. Os produtos do mar poden mostrar a "ecoetiqueta azul" do MSC unicamente se este peixe, crustáceo ou molusco é trazado a través da cadea de subministración até unha pescaría que foi certificada segundo o estándar do MSC.[2]
A misión do MSC é utilizar a súa ecoetiqueta e o seu programa de certificación de pescarías para contribuír á saúde dos océanos de todo o mundo, recoñecendo e recompensando as prácticas de pesca sustentábeis, influír nas eleccións do consumidor cando compra peixes e mariscos, e traballar coas partes interesadas para transformar o mercado de produtos pesqueiros de maneira sustentábel.
Desenvolvemento do MSC en España
[editar | editar a fonte]En marzo de 2011 abriuse a oficina do MSC para España e Portugal en Madrid cun equipo de tres persoas.[3]
Na actualidade (2020) a directora do MSC para España e Portugal é Laura Rodríguez.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "MSC in numbers — MSC". Msc.org. 21 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2013. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Estándares del MSC — MSC". Msc.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Oficina del MSC para España y Portugal — MSC". Msc.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2013. Consultado o 15 de xaniero de 2020.
- ↑ Serxio González (21-11-2019). "Mexillón de Galicia aspira a la principal certificación de sostenibilidad en el mar". La Voz de Galicia. Consultado o 15 de xaneiro de 2020..