Marina Peña-Rey Bouzas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marina Peña-Rey Bouzas
Nacemento9 de abril de 1914
Lugar de nacementoViascón
Falecemento2002
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfarmacéutica
PaiManuel Peña Rey
editar datos en Wikidata ]

Marina Peña-Rey Bouzas, nada en Viascón o 9 de abril de 1914 e finada en México no 2002,[1] foi unha das primeiras universitarias da Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marina era filla de Manuel Peña Rey, médico e director do Hospital Provincial de Ourense ata a súa destitución e detención en xullo de 1936 . En 1929 matriculouse na Facultade de Farmacia de Santiago, rematando os estudos en 1933. Nese ano vaise a Madrid para completar os seus estudos, aloxándose na Residencia de Señoritas.[2][3]

Militou no partido galeguista[4] e casou con Manuel Fanjul,[5] con quen marchou ao exilio tras a Guerra Civil. A súa carreira profesional viuse interrompida pola guerra e o exilio.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gurriarán (2006)
  2. Bugallal, Isabel (2015-12-13). "Gallegas en la Residencia de Señoritas". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-07-05. 
  3. Vázquez Ramil, Raquel. "Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid, «cando van, van como rosas...»". 
  4. Pintos (2016)
  5. Lorda, David Simón (2011). "Os nomes do exilio (médico, republicano, galego)". Cadernos de atención primaria 18 (3): 264–271. ISSN 1134-3583. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]